Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A viaxe salvadora de Tripod

A viaxe salvadora de Tripod
O Pequeno Tripop xa esta en Inglaterra tras a sua operacion e longa viaxe con salvacadelos Ethet Grant a salvadora de Tripod

Hai historias arredor da iniciativa solidaria Salvacadelos que poñen os pelos de punta. Lembrádevos de Pinio, aquel canciño que fora rescatado por unhas suizas e o levaron ata o seu país?. Este mes xa coñecimos a historia do gato Meme e a súa salvadora. Pero hoxe repasamos a historia completa pois nos fai afondar no respecto que teñen outros países europeos cos animais. Todo un exemplo para, ás veces, a nosa salvaxe sociedade.

"Tripod" é un gatiño que foi atopado na rúa de Camariñas cunha pata destrozada. A súa salvadora foi unha turista inglesa que fixo escala co seu barco en Camariñas forzada polo temporal, cando estaba co seu marido facendo unha travesía en barco.
Non puido deixalo así Ethel Grant e coa axuda dunha Policía Local achegouse á Clínica Veterinaria Argos, armazandas xunto a QPC da inciativa Salvacadelos.

As Veterinarias da clínica ceense, despois de facerlle unha exploración e unha radiografía ó gato, informaron á señora de que a pata estaba perdida e a única opción que había era amputarlle a pata. Ethel costeou a operación e Meme, bautizado así nun principio polas Veterinarias polo alcume da súa salvadora, virou en Tripod, por motivos obvios.

Ethel, pediu igualmente que se lle buscase casa aquí para evitarlle a Meme o estrés da viaxe ata Inglaterra. Pero deixou claro que no caso de non encontrar un fogar para él buscaría a maneira de levalo para alá. E como non se lle atopaba casa, ela púxose a buscar por Inglaterra e atopoulle familia na casa duns amigos.

Tripod's trip

Tripod de viaxe a Paris

Así que comezaba a segunda aventura. Non só vale con salvar a vida dun pequeno gatiño da rúa, se non que cómpre levalo a Inglaterra, a súa nova casa de adopción.
Como en Inglaterra non deixan entrar animais por avión non foi doado atopar unha boa maneira para que viaxara Tripod. Ademais do microchip, as vacinas necesarias, Tripod necesitou o seu pasaporte para poder viaxar.

As Veterinarias de Argos Sivlia e Irene con Tripod e o seu pasaporte

Despois de tres meses na Clínica chegou a hora de marchar. "Doumos moita pena porque é un gato moi especial e cariñoso", choraban as veterinarias.
Ethel viaxou en avión ata a Coruña. As veterinarias par de enviados especiais levaron a Tripod ata a residencia Rialta, un dos poucos lugares da Coruña onde poden durmir animais. Ao día seguinte Tripop e Ethel voaron ata Paríos, onde os recollía un curmá para ir en coche polo Eurotunel ata Inglaterra... Aí é nada!

Ethel, que mantivo en todo momento o contacto coa Clínica, escribiu que se asustara un pouco no despegue pero despois foi tranquilo toda a viaxe. Ademais, xa sabemos que está contento na súa nova casa, e mesmo o marido de Ethel estalle a argallar unha prótesis para a pata.

Colleita online por Tripod

E se non boten un ollo na proposta Rescue Tripod, a través da cal pretenden recuperar parte dos cartos que tiveron que emplear en salvalo, arredor dos 1300€, entre a operación e as viaxes.

Definitivamente "en temas de respecto animal temos moito que aprender dos nosos veciños europeos", como valoran as veterinarias Silvia Souto e Irene García Patiño.

Novas relacionadas

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Máis novas

Fonte

Comentarios