Martes. 23.04.2024
El tiempo

A incrible historia de Pinio

A incrible historia de Pinio

Incrible a historia que nos chega dende Salvacadelos. Unha historia de amor, pero tamén de odio. Amor o que demostraron as dúas heroínas peregrinas, dúas auténticas Salvadoras. E odio, o que é capaz de sentir unha persoa, un veciño noso, para facerlle esto a un animal.

Ruth e Patricia, nai e filla de nacionalidade suiza, chegaban tras centos de quilómetros ata Fisterra facendo o Camiño. Pero nunha cuneta atoparon a este malferido can, e sen dubidalo chamaron un taxi para achegarse á Clínica Veterinaria Argos de Cee, coorganizadora da iniciativa solidaria Salvacadelos con este diario.

"Pena, rabia e vergoña" foi o que sentiron as veterinarias da clínica cando chegou o can. "Pena polo can, viña nun estado lamentable. Rabia porque todo ese mal llo fixera unha persoa intencionadamente. Vergoña por saber que preto de nós vive xente capaz de facerlle isto a un ser vivo inocente".
Sen tempo a máis choros, e tras comprobar que , procederon a sedalo e operalo.

Mentres a operación ía en marcha, e o Camiño tiña que agardar, Ruth e Patricia deixaran claro que non deixarían a este can aquí, que querían quedar con él, e levalo para Suiza. Chamáronlle Pinio. Pero nas condicións nas que estaba o can non podía viaxar, e elas tiñan que marchan en avión dous dias despois.

Non foi motivo para que Pinio non marchase a outro país, a outro mundo. Curou as feridas na Clínica, onde lle deron todos os cuidados necesarios, ata que Pinio estivese recuperado. "Ó principio foi moi desconfiado, como é normal, pero pouco a pouco foi acougando é empzou a disfrutar do noso cariño e nós do del", cóntanos Irene García Patiño, unha das veterinarias da clínica ceense.

Tras 48 días en continuo contacto con Suiza, para coñecer a evolución de Pinio, chegou o momento da viaxe. "Levámolo ao aeroporto de Alvedro e despois de 2 horas de papeleo, con moita pena despedímosnos de Pinio. Quédalle unha longa viaxe ata Madrid, e de alí a Zurich, onde o esperan as súas grandes salvadoras", explica Silvia Souto, outra das veterinarias.

Agora só hai que velo, correteando polas montañas dos Alpes suizos, feliz e bonachón, lonxe dalgún verdadeiro animal que fixo del un trapo. I é esta historia fainos ver que temos moito que aprender de xente como Ruth e Patricia. A pesar de todo, accións coma esta fan que non perdamos a esperanza na raza humana.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios