Impresionante ver como o Concello de Carballo fomenta o uso das Novas Tecnoloxías. Hoxe coñecemos as
III Xornadas Carballo PortaAberta, que tiveron lugar no Telecentro de Comunicación do Pazo da Cultura, que abordaron "As novas tecnoloxías e o sector audiovisual" a través de tres conferencias e unha mesa redonda e que tiveron como peche a entrega de premios das
III Olimpíadas Tecnolóxicas a través do
I Festival de Curtas rodadas con Móbil.
I Festival de Curtas rodadas con Móbil
Así, un total de
catro microcurtas duns dous minutos de duración, rodadas en obradoiros realizados durante o mes de novembro, repartíronse os galardóns, que consistiron nunha reproducción do logo das Xornadas PortaAberta realizado en Cerámica de Buño por Eloy Mancebo Lema, de .
Os galardóns foron entregados polo Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e polo Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel García Guillín.
O premio á Mellor Idea Orixinal recaeu en "Entre dos aguas" de Juan Carlos Gómez Mancebo, así como o de Mellor Guión. O premio á Mellor Posprodución foi para
VADEM Productions por "2 formas de facer as cousas".
O premio
á Mellor Interpretación Feminina foi para Soraya Suárez Míguez por "Inxustizas", microcurta que tamén levou o Premio do Público. E por último,
"Misterio na Panadería" levou o premio á Mellor Interpretación Masculina, para Adrián González Sánchez, que tamén recolleu o premio á Mellor Curta polo seu traballo. Os interesados e interesadas que queiran ver as curtas aínda poden facelo en youtube a través de .
PortAberta
No que respecta ao desenvolvemento das Xornadas, centráronse en tres conferencias e unha mesa redonda. En primeiro lugar foi a ponencia "Non saímos do lixo. Exemplos de producións low cost", a cargo de
Xurxo Seara e Marcos Paino, membros da web
komunicando.net>, dedicada á música nun principio pero agora diversificada tamén no sector audiovisual.
Mesa redonda pola democratización
E nestes días da Lei Sinde, fan falta palabras como as de Román Gutiérrez, que fixo fincapé no feito de que
"a democratización do audiovisual fai posible que todo o mundo teña acceso a facer unha película".
Novas relacionadas
Fonte e máis información