Martes. 10.09.2024
El tiempo

Carballo está listo para disfrutar do festival internacional Xiria Pop

Carballo está listo para disfrutar do festival internacional Xiria Pop
Xabier Grana co alcalde e o concelleiro de Mocidade presentando o Xiria Pop 2014

Xa escoitamos unha por unha as bandas deste XiriaPop 2014. O último festival do verán costeiro, que a base de boa psicodelia obrigaranos a bailar para despedir a temporada estival.

Así o presentaban hoxe no Concello carballés, xunto co alcalde e o concelleiro de Mocidade, o presidente da Asociación O Molete Psicopop organizadora do festival, Xabier Graña.

Relación calidade-prezo inmellorable

Como nos últimos anos, as portas abren ás 22.30 horas na Sala Dublín e o prezo da entrada é de 10 € para os días soltos e de 15 € o bono para toda a fin de semana.

Unha cita cunha inmellorable relación calidade-prezo. I é que detrás de todo hai que valorar a incesante labor de Xabier Graña, o pai do festival, que sempre se preocupa de buscar grandes bandas da escena internacional, pero que non son tremendamente coñecidos por aquí. “Hai que ter moitos cartos para traer bandas coñecidas e de calidade. Aquí traemos bandas de calidade, e ben respectadas, pero que non sexan tan coñecidas”, explicanos Graña.

Así, esta fin de semana de venres 20 e sábado 21 de setembro de 2014, desembarcarán na capital bergantiñá, na mítica Sala Dublín, grupos de Sacramento, Dublín, Seatle e Londres.

Un festival que ano tras ano, e xa van 16, xunta arredor de 300 persoas na sala Dublin. Este ano non parece que vaia haber problemas de entradas. “Está ben xuntar a 300 persoas, pero creo que podía haber algo máis, porque aos que lles gusta esta clase de música, non teñen tanta oferta pola volta para dicir que non a esta boa unión de grupos”, valora Graña.

Como bandas máis emblemáticas, disfrutaremos da psicodelia de Antón Barbeau, acompañado con músicos da zona, de grupos como The Walrus ou Niño Pistola.
Teremos tamén, recén chegados dende a mítica escena dos 90 de Seattle, The Tripwires, que darán o seu único concerto en Galicia recuperando o auténtico espítiro pub rock. Onde mellor que a Dublín para demostralo.

Festival Xiria Pop Carballo 2014

Popalabras

Xiria Popalabras 2014

Este ano, o festival retoma a presentación de libros, e espera que continúe en vindeiras edicións. Dúas presentacións moi “indies”, unha o venres e outra o sábado, ás 19:30h na Sala A Reserva, e baixo o lema “Xiria Popalabras”.

O venres será o coruñés afincado en Barcelona, Marcos Gendre o que presente “La Distorsión inteligente”, nunha cita presentada por Alberto Vecino, da banda carballesa Franc3s, para falar desta obra sobre os grupos Post-hardcore, entre os que atopamos o protagonista do seguinte libro.

Para o sábado toca “Estragos de una juventud sónica”, con Ignacio Juliá da man de María Costa Pereira, tamén de Franc3s, unha obra que analiza a mítica banda Sonic Youth dende moitos ángulos. E coa de siareiros da banda neoiorquina por Carballo, seguro que o debate na presentación está moi vivo!!

Máis información

Fonte

Comentarios