Carballo segue loitando contra o feísmo na cuarta edición pioneiro Rexenera Fest
13:45 21/05/18
Un dos edificios rescatado do pozo do feísmo con este mural no marco do Rexenera Fest Volve Carballo convetirse no centro nacional de arte na rúa, co IV Rexenera Fest, o festival de arte pública. Do mércores 23 de maio ao domingo 3 de xuño volveremos ver grandes guindastres polas rúas que non servirán para rematar obras de construción, se non para facer auténticas obras de arte. Serán 10 días nos que 5 artistas (Bosoletti, Lula Goce, Doa, Daniel Muñoz SAN e Milu Correch) actuarán en cinco muros, para cambiarlle a cara a esta vila gravemente afectada polo feísmo urbanístico dos anos 60-70-80. Son o mellor da escena galega, estatal e internacional do mundo da arte urbana, que traen ademais unha serie de interesantes master classes, conferencias, un roteiro e un concerto-festa de peche.
Iniciativa pioneira, rehabilitadora e promocional
O festival, pioneiro falando en termos de ser por iniciativa municipal, serve como unha xanela de Carballo aberta ao mundo, que sitúa no mapa a vila a través das súas rúas e favorece un turismo cultural diferente na zona urbana do concello. Faino a base de rehabilitar espazos contra o feísmo urbanístico, rexenerando espazos deteriorados, achegando valor engadido á paisaxe urbanística, dinamizando o tránsito peonil e expandindo os espazos de lecer nas zonas nas que se está a intervir.