Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Carballo vólcase ca música

Carballo vólcase ca música

Non podemos quedar parados ante a aposta do Concello de Carballo pola música. Unha vila como a carballesa na que a música xa é parte do día e o Concello toma as rendas do camiño andado polos bares, as salas e os festivais referentes en todo o país. Así revive a noite carballesa, a base de música.

E dende o Concello propoñen que a "interminable roda musical" continúe este mes outono, cun completo programa Novembro con Música 2011, coincidindo co mes na honra a Santa Cecilia. O programa ofrece 9 concertos -seis organizados polo Concello e tres por diferentes entidades culturais do municipio- coa participación dun total de 31 agrupacións aglutinando unha ampla variedade de estilos que van dende a música clásica, folk, rock, coral ou de autor e que se completa don dúas exposicións.

As actividades desenvólvense entre o venres 11 de novembro e o sábado 3 de decembro e os concertos son de entrada libre ata completar o aforo no Pazo da Cultura.

Desgranando o programa

  • Venres 11 de novembro: 'Live in Cances' - Festival de rock coas bandas carballesas Fric-Frac Trio, Versión Imposible e The Killer Cats; e unha coruñesa, Tremendos Cien Pavos. Comezará ás 22:00h no Novo Local Social de Cances organizada pola A. C. San Campio de Cances
  • Sábado 12 novembro: Magosto en razo ás 19.00 h. organizada pola A.R.C.D. Aan Martín de Razo coa A. Folclórica SanLorenzo de Agualada, o Grupo de Teatro Sen Tempo de Zas, a orquestra Estrella e o regueifeiros Suso e Antonio de Xornes.
  • Sábado 12 novembro: Sons de aquí, ás 21.00h concerto de Música tradicional coa Banda de gaitas Municipal de Carballo, as Cantareiras San campio de Cances, OGrupo de Gaiteiros Aan Cristovo, as Cantareiras Xoldreira da A.C. Nemeth, Banda de gaitas Bergantiños de Bértoa, as Cantareiras e cantareiros da A.C. Arume, a Escola de gaitas da A.C. Arume, as Cantareiras Névedas da A.X. Arume.
  • Sábado 19 novembro: Festival de corais ás 21.00 h. no Pazo da Cultura coa Agrupación Polifónica de Carballo, Coro Aires de Bergantiños, Coral Polifónica de Bergantiños.
  • Xoves 24 novembro: Concerto do conservatorio P. de Música de Carballo: ás 20.00 h. no Pazo da Cultura con Julia Arca Suárez (alumna de 6º de violín), a Orquestra Xuvenil de corda do conservatorio de Carballo e a Big Band do conservatorio de Carballo.
  • Venres 25 novembro: Concerto de Miro Casabella e Luís Pastor: ás 21.00 h. coa colaboración de Uxía celebrando o 35 aniversario da A.C. Lumieira en lembranza de Xosé Manuel Erís.
  • Sábado 26 novembro, Santa Cecilia 2011, ás 21.00 h. no Pazo da Cultura coas Coral Polifónica de Bergantiños, Coral Polifónica Eumesa (Pontedeume) e Coral Polifónica de Melide (Melide).
  • Domingo 27 novembro: Concerto Chimpín Exprés: ás 18.00h. co Tren dos contos en familia – Música e contos para os máis pequenos.
  • Sábado 3 decembro: concerto da Banda de Música Municipal de Carballo: ás 21.00h no Pazo da Cultura.

Exposicións

Todos os concertos son de balde, e ademais poden acodir á Exposición de Mon Lendoiro "Anónima. Retrato de mulleres", entre o 4 e o 30 de novembro.

Ademais, do 11 ao 16 de decembro o protagonismo pictórioc será para Peter Kramer e Nils Viga Hauske co seu "No time".

Novas relacionadas

Máis información

Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.

Fonte

Comentarios