Mércores. 23.10.2019
El tiempo

Chega a #AxendaCostadaMorte máis festeira do ano

Chega a #AxendaCostadaMorte máis festeira do ano
axenda-costa-da-morte-11-agosto-2017 Esta será unha das fins de semana do ano con máis festas na Costa da Morte. En case todos os concellos da bisbarra hai celebracións a golpe de orquesta e de comidas familiares pouco frugais. Unha boa parte delas quedan recollidas na #AxendaQPC onde tamén teñen cabida outras citas, tales como a Mostra da Olería de Buño.

Parte costeiro

Antes de repasalas citas, ollamos como vén o parte meteorolóxico que nos mandan os amigos de 4gotas.com para esta fin de semana que vén marcada pola influencia anticiclónica e polo sol. Agás na mañá do sábado, que se verán nubes na parte norte da Costa, no resto da fin de semana lucirá o sol e cada día que pase irá un chisco máis de calor. O venres as máximas quedarán aorredor dos 25ºC entre Muros e Fisterra, 22-23 no interior e no litoral norte, mentras que o domingo achegaranse aos 30 no litoral oeste e aos 25 nos arredores de Malpica. O vento soprará do nordés toda a "finde" deixándose notar con máis intensidade no litoral norte, especialmente o o venres e máis o domingo. Así que, para ir a praia a mellor opción é o litoral oeste ou ben buscar unha praia no norte protexida do nordés. O prognóstico para o resto da ponte aínda está incerto. É posible que perdamos a influencia antiticlónica o domingo e o luns comecen a achegarse néboas ao litoral oeste co paso das horas, quedando a parte máis norte sen vento e con máis tempo de sol. O martes poderíanos visitar unha fronte que deixara moitas nubes e algunha chuvia feble no litoral norte, pero é moi cedo para afirmalo e a mellor opción é ir consultando as actualizacións diarias do prognóstico na web www.4gotas.com

Festas

  • Festa da Fervenza. O encoro da Fervenza, en Mazaricos, chega mesturando música electrónica con orquesta. Esta noite será o turno dos pinchas, mañá mestura de estilos e o domingo sesión vermú a golpe de pasodoble.
  • San Clemente do Pindo e Curra. En Carnota, O Pindo e A Curra únense polas festas, e tamén polas de San Clemente. Teñen por diante catro días de actividades, comezando hoxe á noite coa estrea da obra de teatro da Pedramar. Mañá será o segundo pase da obra de teatro e sardiñada, con música da man de Fumes do Cal de Ameixenda. O domingo 13 empeza a troula, coa Canela e a Ciclón, e para celebrar a Virxe do Carme, o luns 14 estarán Caramelo e Atenas.
  • En Vimianzo tamén comezan hoxe as festas da vila, que se prolongan até o luns. Serán catro días con moita música por diante.
  • Festas da Xunqueira de Cee. Mañá arrancan as festas de Cee que rematan o mércores, día 16, co actuación da cantante Rosana.  Cinco días de celebracións con música para todos os estilos.
  • Despois das celebracións de onte, hoxe volve a festa á Agualada. A sesión vermú estará amenizada polo grupo Samba que compartirá escenario á noite con Claxxon.
  • En Sardiñeiro (Fisterra) celebran hoxe e mañá as festas do Carme. Esta noite, a partir das 21 horas, haberá unha sardiñada na que non faltará a música e mañá será o día grande con procesión marítima e animación musical a cargo da orques Santiago e da disco móbil Impacto.
  • En Cesullas (Cabana de Bergantiños) celebran as festas do Carmen. Hoxe, a partir das 21:30 hotas, haberá unha churrascada e maña unha verbena co grupo Acirema e coa orquesta Fania Blanco Show.
  • Na parroquia de Meanos, en Zas, celebran hoxe as festas na honra da Virxe do Carme. A orquesta Acordes amenizará a sesión vermú e tamén se encargará da verbena xunto con Israel.
  • En Nemeño (Ponteceso) celebran esta fin de semana as festas do Sacramento. Ademáis dos tradicionais actos litúrxicos haberá moita música a cargo da orquesta Metrópolis, o dúo Calú, a orquesta Caramelo e unha disco móbil.

Mostra de Olería de Buño

  • Este domingo chega ao seu fin a 34 edición da Mostra da Olería.  O parque Luciano García Alén acolle . As casetas, ubicadas no parque Luciano García Alén, estarán abertas de 11 a 14 e de 17 a 21.00 horas, haberá unha exposición do fotógrafo Peter Schneider. A Familia Caamagno amenizará a sesión vermú do domingo.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 20:30 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas. Visitas teatralizadas. Todos os domingos de xullo e agosto ás 13 ás 17 horas os personaxes Roi e Elvira relatan o pasado do castelo.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. Visita guiada e demostración do funcionamento dos batáns e muíños todos os sábados e domingos ás 13h e ás 18h.
  • Sala Antón Mouzo. A artista Teresa Candal expón Matriz, unha mostra pictórica “metáfora do nacemento” na que o corpo da muller é o protagonista. Pódese ver na Sala Antón Mouzo, na Casa da Cultura de Vimianzo, até o 20 de setembro. O horario en agosto é de luns a venres de 9 a 15 horas; e en setembro de luns a venres de 9 a 20 horas e os sábados de 9 a 13 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días (de luns a venres de 11 a 20 horas e sábados e domingos de 11 a 21 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas. O domingo, ás 19:30 horas, haberá visita guiada teatralizada da man de Os Quinquilláns.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas. Os Quinquilláns guiarán as visitas teatralizadas todos os sábados do mes de xullo e agosto ás 17:30 e ás 19:30 horas.
  • museo Man de Camelle poderase ver ata o 15 de agosto unha exposición da escola de Arte de Vimianzo. O horario de apertura é de martes a domingo de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
  • Do 12 ao 31 de agosto abre de novo as portas da Casa das Peritas de Fisterra cunha mostra que leva por título “Arredor da familia e outros contos”. Mañá, ás 20 horas, terá lugar a inauguración.

Outras citas

  • Concerto en Corcubión. Seguen os Héctor Lera & Uns calquera levando os seus temas estivais pola comarca. A próxima cita é hoxe, a partir das 22 horas, no Praia de Quenxe de Corcubión. Ademais, o Praia de Quenxe acolle tamén unha cita musical para as ceas do sábado e para a sesión vermú do domingo.
  • Concerto na fin da terra. Turnes&Casquero&Ferrández, da Bakin'Blues Band estarán este venres no Semáforo de Fisterra.
  • Concertos en Malpica. A música volve a Malpica esta fin de semana. Esta noite serán as bandas The Cerne e Strobos as encargadas de amenizar a noite no paseo marítimo da vila. E mañá, ás 22 horas, celebrarase o concerto do grupo Killer Cats que estaba previsto para o pasado día 4. Os carballeses actuarán tamén no paseo marítimo.
  • Chega á súa fin unha nova edición do Retablo de Fantoches Rafael Dieste de Malpica. Lucecús ofrecerá o sábado ás 20:30 horas, no paseo marítimo, a obra de títeres “PingüSOS”, dirixida ao publico familiar.
  • Noite de cine en Fornelos (Zas). Mañá, ás 22horas proxectarase, de balde, o filme Pradolongo no lugar de Fornelos. “Noite de Cine” enmárcase dentro da programación estival que se organiza desde a concellería de Cultura do Concello de Zas coa colaboración da Deputación da Coruña.
  • XI Mercado das Rutas do Mar en Muxía. A artesanía, a gastronomía, o teatro na rúa, a músca,... e moitas máis actividades danse cita hoxe e o domingo en Muxía.
  • Na aldea cabanesa de Riobó retroceden mañá ata o medievo cunha completa xornada na que non faltará a prevoda medieval.
  • Degustación de marmitako en Corme. A confraría organiza unha degustación de bonito a partir das 19:30 horas na explanada da Ribeira.
Fonte

Comentarios