Chega a #AxendaCostadaMorte máis festivaleira do ano

08:15 12/08/16

- En Cee celebran dende hoxe e ata o día 16 as festas da Xunqueira. Serán catro días de festa amenizados por bandas como Tennesse, Los Limones e unha boa oferta de orquestas. Ademáis haberá charangas, Cantos de Taberna e, como non, fogos de artificio.
- Festa da Fervenza. Hoxe arranca en Mazaricos a 25ª edición da Festa da Fervenza coa orquesta La Fórmula e a discoteca móbil. Mañá actuarán a orquesta La Nueva Phila e a discoteca móbil. Haberá actividades populares, hinchables e o domingo carne á grella.
- Cesullas (Cabana de Bergantiños) celebra as festas do Carmen. Hoxe haberá unha gran churrascada amenizada polo trío La Noche e mañá tocarán na verbena Acordes e América S.L.
- As festas de San Clemente do Pindo, Quilmas e a Curra arrincan hoxe e non paran ata o luns 15.
- En Sardiñeiro comezan hoxe as celebracións das festas do Carmen cunha gran sardiñada e coa Charanga Mecánica. Mañá haberá pasarrúas, misa e a continuación procesión martima. Tampouco faltará a música.
- En Verdillo rematan hoxe as festas na honra aso san Lorenzo. Na sesión vermú tocará Palladium que comparte esceario co grupo Bomba durante a verbena.
- Na parroquia pontecesá de Nemeño estarán mañá e o domingo celebrando as festas do Sacramento. A orquesta Principal, o grupo Diamante e unha discoteca móbil poñerán o toque musical de mañá mentras que o dúa Calú e unha disco móbil amenizarán a veleda do domingo.
- O 15 de Laxe. O domingo arrancan en Laxe catro días de festa que culminarán o mércores - 17 de agosto - coa procesión marítima ao mediodía e con fogos de artificio á noite. A orquesta Os Satélites e La Bamba encargaranse de amenizar o domingo. Palladium e Metrópolis poñerán as notas musicais do día grande de Laxe, mentras o que o Combo Dominicano e Caramelo encherán o martes a praza dos Voluntarios. Xa o mércores, poñerán as nostas musicasi Fania Blanco Show e Samba.
- En Esteiro comezan o domingo as festas na honra da virxe do Carme. Os oficios relixiosos combinaranse coa música das orquestas durante os tres días de celebración.
- Na Hermida-Anos (Cabana de Bergantiños) celebran esta fin de semana a súa romaría na carballeira onde non faltarán as poxas de galos, a verbena e os fogos de artificio.
- En Castrobuxán (Calo-Vimianzo) celebran este domingo a súa merenda campestre na contorna da capela. Os festexos continuarán o luns, día 15.
- A parroquia carballesa de Bertoa está este domingo, luns e martes en festas. Os actos litúrxicos combinaranse coa música das orquesta.
- En Anllóns (Ponteceso) celebran dende o luns ata o mércores as festas do San Roque. Haberá unha gran churrascada, baixada e moita música.
- As Torres do Allo (Zas) abren durante todo o verán en horario de 11 a 20 horas e todos os domingos, as 19:30 horas, ofrecen un espectáculo teatral da man de Os Quinquilláns.
- O Castelo de Vimianzo abre no seu horario habitual e as 12 e as 19 horas haberá un servizo gratuito de visita guiada. Tamén o domingo, as 13 e as 17 horas, a compañía teatral Os Quinquilláns fará un repaso pola historia do Castelo cunha visita teatralizada.
- O sábado e o domingo, as 13 e as 18 horas, realizanse visitas guiadas nos Batáns do Mosquetín (Vimianzo).
- Dolmen de Dombate (Borneiro) abre todos os días entre as 9 da mañá e as 21 horas. Dispón dun servizo de visitas guiadas en horario de mañá – de 11 a 14 horas – e tarde – de 16 a 21 horas –.
- O Forno do Forte, de Buño-Malpica, abre durante o verán entre as 11 e as 14 e de 16 a 20 horas.
- Entre Dolmens e Castro. Dentro do programa de visitas guiadas Vimianzo. Historia Viva, mañá parte ás 11:30 horas do Castelo de Vimianzo un roteiro en bus que percorrerá as murallas do castro das Barreiras, en pleno val de Vimianzo. Na viaxe combinarase o mundo castrexo co megalítico coas visitas ao castro do Altiño, a necrópole de Chan do Cabral e Rabós, a monumental Pedra da Arca e o dolmen singular da Casota de Freáns.
- Visita nocturna ao Castelo de Vimianzo. A pantasma do último morador do castelo, Evaristo Martelo, abrirá as portas da súa residencia aos visitantes este domingo a partir das 22:30 horas . Unha oportunidade única e diferente de visitar o castelo iluminado e á luz das estrelas. Entrada de balde.
- A casa da Cultura de Vimianzo acolle ata o vindeiro 30 de agosto a exposición fotográfica “Asunción, María e Jose” de Marcos Rodríguez.
- A sala de exposicións do faro Vilán acolle durante todo o mes de agosto a exposición de esculturas de Javier Lavandeira. A mostra pode visitarse en horario de 11 a 21 horas.
- O Cárcere Vello de Corcubión acolle ata o 31 de agosto a exposición “Unha ollada aos barcos e o mar” organizada polo concello de Corcubión e Asociación Galega de Fotografía Naval.
- O salón de actos do Voluntariado de Muxía acolle ata o vindeiro 7 de setembro unha exposición dos cadros de Yoshiro Tachibana, falecido recentemente.
- O proxecto Muros, vila de Auga e Sal trae esta fin de semana a Muros visitas guiadas nocturnas acompañadas por música e un corcurso fotográfico.
- Feira do libro en Cee. As presentacións literarias serán as principais protagonistas da Feira do Libro de Cee que se prolóngase ao longo de toda a fin semana - ata o domingo - coincidindo coas festas da Xunqueira.
- Mercado das Rutas do Mar en Muxía. Durante mañá e o domingo, un mercado mariñeiro invadirá as rúas de Muxía onde non faltarán os postos de artesanía, gastronomía, espectáculos de teatro e de música na rúa, entre outras moitas actividades.
- Charla teolóxica en Mazaricos. Este domingo, ás 16:15 horas, terá lugar na casa da Cultura da Picota unha charla sobre a concienciación ecolóxica que leva por título "A revolución verde do Papa Francisco".
- O Cemiterio dos Ingleses será este domingo, a partir das 23 horas, o escenario dunha representación teatral coa se que recrearán partes da traxedia do Serpent.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)