Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Concerto de Nadal do CMUS no Pazo da Cultura de Carballo

Concerto de Nadal do CMUS no Pazo da Cultura de Carballo
Hoxe xoves a partires das 19 horas actuarán no auditorio do Pazo da Cultura a Banda Xuvenil, a Banda Municipal, os Coros, o Grupo de Guitarras, o Conxunto de Violíns, a Orquestra de Corda e o alumnado de Iniciación Musical do Conservatorio Municipal de Música. Este ano o Concerto de Nadal incluirá un variado percorrido musical que abrangue desde María Fumaça ou Michael Jackson ata Haendel. As persoas afeccionadas á música terán así unha oportunidade para gozar coas interpretacións do alumnado do CMUS, xa que o concerto, previsto para as 19 horas no auditorio do Pazo da Cultura, ten entrada libre i é de balde. Orquestra de corda do CMUS carballes A nova Banda Xuvenil, dirixida por Rafael Espido, abrirá o programa coa interpretación de The Tempest, unha composición de Robert W. Smith con arranxos, como todas as desta primeira parte do concerto, da Aula de Novas Tecnoloxías do CMUS. A continuación subirán ao escenario a Banda Municipal, que tamén dirixe Rafael Espido, e os Coros, dirixidos por Gloria Pardines, para ofrecer as panxoliñas populares "San Xosé e o neno Xesús" e "Xa vai vir a vella", e o tema de José Feliciano "Bo Nadal". A segunda parte arrancará co alumnado de Iniciación Musical e co Grupo de Guitarras, dirixidos por Luis Currás, que ofrecerán "A princesa do Caurel" e O"lenga-lenga" do Xanduca, ámbolos dous de María Fumaça, e "Billie Jean", de Michael Jackson. A continuación será a quenda do Conxunto de Violíns que dirixe Eduardo Coma para interpretar unha obra do propio director titulada "Piazzollando un tango". Pechará o Concerto de Nadal a Orquestra de Corda, dirixida por Juan Otero, con "The Enterteiner", de Scott Joplin, e o popular "Hallelujah", de Haendel.

Comentarios