Denuncian o uso fraudulento do nome Aspadex

Impactados quedamos ante a denuncia que nos chega dende a activa entidade Aspadex. Segundo nos informa Karina Mouzo, unhas das monitoras do centro, unha señora da vila da Xuunqueira estaría "usando de forma fraudulenta o nome de Aspadex, xa que, segundo nos informaron, hai unha señora vendendo pola zona cinceiros feitos con latas de refrescos dicindo que son de Aspadex".
Dende a asociación queren deixaqr claro que non venden esa clase de produtos, e que non coñecen a esa persoa.
Tenda pola rede

I é que Aspadex ten a súa tenda, que por certo xa poden atopar pola rede. Ademais da tenda que teñen na Rúa da Escola (fronte ó polideportivo), a entidade tamén participa nas mostras de artesanía de Corcubión e no Castelo de Vimianzo.
Pero dende xa poden facer os seus encargos a través da Tenda Virtual (www.tienda.aspadex.org).
Novas relacionadas
- Apem e Aspadex vencen ao vento.
- Aspadex estrea nova web.
- Aspadex recolleu a Medalla Fernando Blanco da man das asociacións ceenses.
Fonte
- Nota de prensa de Aspadex.