Luns. 06.05.2024
El tiempo

Aspadex estrea nova web

Aspadex estrea nova web
Xa teñen por onde mergullarse os alumnos da Aspadex, xa con experiencia na rede. I é que a Asociación ASPADEX, recentemente gañadora da Medalla Fernando Blanco, continúa de noraboa. A entidade presentou esta mañá de vernes 16 de decembro de 2010 a súa nova web (www.aspadex.org) desenvolvida grazas ao convenio asinado con Ferroatlántica dentro do proxecto de adaptación da asociación ás novas tecnoloxías. Este proxecto provca tamén a creación dunha nova rede informática e a dixitalización dos datos da Aspadex, iniciativas que permiten un aforro serio de tempo e custos, para seguir mellorando o servizo. Nun acto celebrado nas instalacións de ASPADEX, Evaristo Lema, presidente da entidade; Norberto Sande Rodríguez, vicepresidente, Concha Seoane, directora; e Carlos Oliete, director de Ferroatlántica, mostraron o seu novo sitio en Internet e explicaron as principais vantaxes do proxecto tecnolóxico que permitirá un gran aforro de tempo e custos, así como a mellora do servizo ao usuario.

Creación de bases de datos

O labor de informatizar a asociación consistiu, entre diferentes aspectos, no desenvolvemento dunha rede interna que permitirá a partir de agora compartir información, recursos e servizos entre o centro e as vivendas que teñen ao seu cargo, facilitando deste xeito o intercambio inmediato de información. Ademais, dixitalizáronse todos os informes en papel arquivados ata o día de hoxe, así como os ficheiros e historiais, e xerouse unha base de datos para uso en rede -interna- coa información dos usuarios, o que mellorará en gran medida o acceso e a rapidez na xestión. Coa creación desta base de usuarios e intervencións conséguese acceder de xeito fácil e rápida aos datos de cada usuario, as intervencións diarias, incidencias, consultas médicas? etc., optimizando a coordinación entre os distintos profesionais.

ASPADEX na rede

Aínda que o traballo de fondo a nivel informático foi intenso, o resultado máis visible foi a páxina web www.aspadex.org que xa está colgada para o acceso de todos. O novo sitio de ASPADEX na rede quixo dar protagonismo aos usuarios e son eles o primeiro que ve o internauta ao entrar na “home”. Coa súa nova web conséguese unha presenza en liña continua que permita dar a coñecer a asociación, a tenda ASPADEX, as actividades, talleres e o resto dos seus servizos de xeito global, algo que contribúe a transmitir unha imaxe positiva da discapacidade intelectual.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Aspadex.

Comentarios