Entrevista de Compostimes co científico xalleiro Ángel Carracedo

08:23 30/05/14
Xa falamos de Compostimes en QPC- I é que é un proxecto con raíces costeiras. Pero hoxe, visitámolos pois veñen de publicar unha fantástica entrevista co científico xalleiro, unha verdadeira eminencia, Ángel Carracedo.
Carracedo recoñécelle á entrevistadora Andrea Espiñeira, que curiosamente “Hai traballos da USC que se publican no New York Times e aquí non saen”, deixando claro que a posta pola ciencia no noso país é escasa. Carracedo recoñece a súa aposta pola divulgación, e non é estrano velo polos institutos. De feito xa o temos visto por Cee ou polo Instituto de Baio.
Siga lendo a entrevista completa co xalleiro Ángel Carracedo en Compostimes
Novas relacionadas
- Nace Compostimes, un xornal con raíces costeiras.
- O xalleiro Ángel Carracedo abre as mentes xenómicas dos alumnos de Cee.
- O Instituto de Baio segue recibindo visitas ilustres, entre eles a Ángel Carracedo.
- Ángel Carracedo tamén sabe de xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).