Espectacular #AxendaCostadaMorte para esta última fin de semana de agosto
Impresionante. A #AxendaCostadaMorte está que rebenta para esta última fin de semana de agosto, que para moitos, supóno fin do verán. En todo caso, serán 3 días de auténtica vertixe cutural e festexeira, con libros, festas, teatro, sendeirismo, música…
Ademais, como nos contan dende 4gotas, parece que algo de tregua teremos co tempo:
O venres xa notaremos a entrada anticiclónica. Iso non quere dicir que fará sol todo o día, pero si que a atmosfera estabilizarase e ademais desta volta para varios días. O vento rolará ao norte e na fin de semana cara o nordés. Deste xeito, na metade sur da Costa da Morte (entre Muxía e Muros) apenas verán nubes a partir de media mañá do venres. O venres con máximas aínda suaves, nos 23ºC, pero no sábado xa se superarán os 25 e o domingo quedarán preto dos 30.
Entre Camariñas e Malpica polas mañás (especialmente a do venres) haberá bastantes nubes e o vento do nordés non deixará subir tanto as temperaturas. Unos 21ºC o venres, 23-24 o sábado e 25-26 o domingo, xa sen ningunha nube.
É dicir, acaba agosto con sol e días de praia!!
Os Libros saen á Praza
Fantástica a aposta de Carballo pola literatura con esta #PrazadosLibros. Unha feira que fai da literatura alimento, e que nos deixará numerosas presentacións, teatro de rúa e moitos libros para ollar durante toda a fin de semana.
Ademais, completando a ruta de libros, podemos achegarnos tamén o sábado a Malpica a escoitar a Xurxo Souto cos seus contos do Gran Sol, que tamén estarán o venres en Carballo.
De Camiño
E xa están os trasnos de volta. A 1ª etapa do Camiño dos Faros terá lugar o domingo dende Malpica ata Niñóns, con sesión previa a golpe de sábado.
Un festival máxico
Outra das grandes citas da fin de semana é o venres, coa máxica Noite dos Encantos na Furna do Osmo. O areal cormelán acollerá unha completa noite de música nun espazo que roza o misticismo.
E ollo que en Corme non paran, e terán as Festas de Corme dende o sábado ata o martes, con especial atención ao Entroido de Verán da noite sabatina.
Teatro do bo
Do bo e da casa o teatro que recibe esta fin de semana a proposta teatreira “Dumbría á Escena” para esta segunda e definitiva fin de semana. O venres toca Mofa e Befa, co cormelán Víctor Mosqueira. O sábado, despois dun día de obradoiros, estará a compañía costeira Talía Teatro con Xango, e para o domingo, sesión coa Escola Municipal de Teatro de Muxía.
Música orixinal
Tremendamente orixinal a proposta do novo disco de Héctor Lera e Dous Calquera, unha lata de conservas que presentarán o vernes na Capela do Pilar para dar un concerto máis tarde no Dados.
Teremos tamén ocasión de disfrutar dun Concerto de Fin do Verán na Galería de Fisterra.
Ademais, coma sempre, o Pub A Ventana de Laxe arma unha Festa Hippie co concerto de Slam, que versionan aos Doors en clave de disfraz.
Marea de Romarías e Festas
Non damos feito para apuntar todas as festas que terán lugar esta fin de semana. Imos facer unha lista
- Romaría da Cachelada, o venres en Mallou-Maceiras, Carnota.
- Festas de Canduas, o venres en Canduas, Cabana.
- Festa da Xuventude de Camariñas, o venres con churrascada popular.
- Festas do Corazón de Xesús de Sardiñeiro, Fisterra, durante venres, sábado e domingo.
- Romaxe de Coiro, Mazaricos, durante todo o sábado e domingo.
- Festas do Carme de Dumbría, para sábado e domingo.
- Festa de Santa Rosa de Laxe, para o sábado.
- Festas de San Ramón de Camariñas, sábado e domingo.
- Festas de San Ramón de Serres, Muros, tamén durante o sábado e o domingo.
- Festas de San Roque de Corme, dende o sábado ata o martes, co Entroido de Verán como punto forte na noite do sábado.
- Festa da Praia de Nemiña, na noite do sábado.
- Festa Xiria, festa deportiva da familia carballesa para o sábado.
Aí é nada! Non hai excusas para non divertirse.
Máis información
Tendes toda as citas debulladas en:
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).