venres. 18.04.2025
El tiempo

Fantástica #AxendaCostadaMorte para curar a resaca de Semana Santa

Fantástica #AxendaCostadaMorte para curar a resaca de Semana Santa
Completa a Axenda Costa da Morte en  www.axendacostadamorte.com para a fin de semana

Non falla a Costa, e despois da resaca de Semana Santa chega unha nova “finde” completa, coa Axenda Costa da Morte cargada de novas propostas culturais, naturais, gastronómicas e festexeiras. Pero antes de debullalas citas, coma sempre, traemos o exclusivo parte costeiros que nos mandan os amigos de 4gotas.com:
o venres aínda seguiremos baixo a influencia dunha borrasca situada ao suroeste da Península. Desde alí enviará algunha chuvia, intermitente e espallada en calquera momento do día.
O sábado comezará a achegarse un anticiclón polo Atlantico. Deixará moitas néboas na mañá, que se irán levantando ao mediodía, deixando un ceo con máis claros que nubes, para volver as nubes aos arredores de Malpica pola tardiña.
O prognóstico do domingo aínda non é 100% claro, pero semella que predomirá o sol entre Muxía e Muros, quedando o ceo máis toldado nos arredores de Malpica por mor do vento do nordés (que soprará frouxo na mañá e moderado a partir do mediodía).

De cita en cita

O venres arrincaremos en clave gastronómica, xa ao mediodía probando a Ruta das Tapas dos bares de Santa Comba, que estarán abertas toda a fin de semana.
Ademais, o venres teremos a presentación en Muros do libro de Xaquín Álvarez Corbacho.

O sábado arrincamos calzando as botas e marchando de Andaina polos Penedos de Pasarela. Pero os máis festexeiros terán cita xa na sesión vermú cas Festas dos Remedios Novos de Lira.
Xa pola tarde, unha cita cita teatreira en Cee co Decamerón de Cándido Pazó, o mais o concerto cavernícola de Muros.

Menudo domingo

Curiosamente é o domingo 12 de abril o día máis movido da fin de semana. Dende primeira hora amenceremos ca Ruta con Senda Nova polas terras de Soneira.

A media mañá chegará a cita máis salientable da fin de semana, a Presentación do libro disco de Pazos de Merexo, unha homenaxe en toda regla.

Teremos tamén un fantástico Concerto Sesión Vermú en Baio, e xa pechar as citas dominicais, a Sesión teatreira do Abril Verdadeiro de Vimianzo e unha cita en Cee que será histórica, pois pode ser o último Recital de Manolín.

Máis información

Tendes toda as citas debulladas en:


Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios