![UNha escena do FIOT Carballo 2018]()
Unha escena que define moi ben como é o FIOT de Carballo
Despois da emotiva
entrega do Xograr de Outono a Manuel Lourenzo, a 27ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) afronta a súa derradeira fin de semana. Días intensos se prevén para estes
venres 26,
sábado 27 e
domingo 28 de outubrio.
A fin de semana comeza convulsa, a golpe de venres ás 21:00h cunha obra do ciclo OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado), da man da compañía catalá Íntims Produccions que representará “Wasted”, da dramaturga, poetisa e rapera británica Kate Tempest. Unha experiencia singular na que o público, ademais de empatizar cos tres protagonistas (3 amigos que se reencontran) serán parte do espectáculo.
Metro Cadrado para o sábado
![Microteatro-no-FIOT-Carballo-2018 2]()
Interesantísima é a proposta que ofrece a sección do festival Metro Cadrado, con dous espectáculos representándose a un tempo en diferentes espazos da vila carballesa, e a 4 horas diferentes (13:00h ,13:30h, 19:00h e 19:30). Neste caso serán “A historia dás flores”, da compañía Tukumpás Teatro (comedia xestual que utiliza a música) na Floraría Taibo; e, paralelamente, a compañía Moito Morro Teatro poñerá en escena o espectáculo “A bonequiña”, nos soportais da rúa Jacinto Amigo Lera, onde se desenvolverá unha aloucada comedia que mostra un día na vida dun ventrílocuo arruinado.
Noite de sala
![La Adbuccion e Buxman no FITO Carballo 2018]()
O sábado 27 de outubro ás oito e media da noite, no Pazo da Cultura de Carballo, o público do FIOT gozará do estreo en Galicia de “El tratamiento” de Pablo Remón, autor do texto e director desta proposta de teatro integral, con personaxes que falan directamente co público sobre os soños dun guionista que busca crear a súa propia película.
O domingo, a obra máis crítica do FIOT
![]()
O domingo día 28 de outubro ás 20:00h da tarde, o Pazo da Cultura de Carballo acollerá a obra “Un enemigo del pueblo, posta en escena pola compañía El Pavón Teatro Kamikaze. Trátase dunha versión libre de Álex Rigola do clásico de Henrik Ibsen. Rigola, que é un dos directores máis importantes e innovadores da escena española, converterá o patio de butacas do FIOT nun ágora, do que o público do FIOT non sairá indiferente.
O peche, o mércores
Ata o mércores, en todo caso, non remata o FIOT, e faráo con LaZona, da compañía La Valentía.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/manuel-lourenzo-e-o-seu-teatro-contra-todo-recolleu-o-xograr-de-outono-do-fiot-carballo-2018/
https://quepasanacosta.gal/o-fiot-recibe-o-premio-da-cultura-galega-de-artes-escenicas/
https://quepasanacosta.gal/41-espectaculos-reforzan-a-27a-edicion-do-fiot/