Graffitis que se convirten en libros


”Se tivesemos cabos non estaríamos pintando paredes” recoñecíanos o propio Xosé Regueira hai pouco. O Concelleiro de Promoción Económica é un dos culpables de que esta aposta municipal sexa unha realidade, unha envexa en todo o país, e que sirva de xérmolo para que outras vilas como Muxía ou Malpica lle poñan cor ás súas fachadas.
O proxecto Derrubando Muros con Pintura, que se culmina cada ano cun Rexenera Fest que convirte Carballo na capital galega da arte urbana deu un novo paso. Salta das fachadas ás páxinas dun libro, con todo o iso ennobrece.
Da man da editorial Engaiolarte acaba de saír do forno unha edición de luxo. Detrás do libro atopamos a Xan Carballa e Xulio Gil. Co prólogo do escritor Xurxo Chapela, o libro recolle todos os murais levan transformando a vila nos últimos anos, acompañados por textos de autores e xornalistas carballeses: sobre os traballos de Bordalo II, Pixel Pancho, Nómada, Aryz, Dulk, Case Maclaim, Hyuro, No3l, Natalia Rak e Isaac Mahow deixan as súas suxestivas impresións Henrique Mariño, Cristina Abelleira, Xurxo Borrazás, Rosalía Fernández Rial, Ignacio Silva, Santi Pazos, Santi Garrido, Patricia Blanco, Farruco Graña e Belén Puñal.
O libro serve ademais de guia turística para visitar o Carballo máis artístico.

Onte tiña lugar a presentación do libro, no que puideron facer unha viaxe audiovisual da man de Xan Carballa:
Novas relacionadas
- Carballo convírtese no referente en arte urbana co Rexenera Fest.
- A documental que derruba muros con pintura.
- Paredes que modernizan.
- Graffitis que humanizan Carballo.
- Pintando muros para derribar barreiras.
- Os muros convírtense en Murais.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).