Laxe volca o inverno na gastronomía e a enoloxía

08:31 29/01/19

Laxe na Boca
A organización do “LAXE NA BOCA”, será o centro e motor deste trimestre. Consistirá nunha fin de semana gastronómica, durante os días 2 e 3 de marzo, nos que as persoas que se acheguen polos 9 establecimentos participantes poderán deleitarse gratis con cada consumición das máis diferentes combinacións culinarias, en base á fariña, e ó cocido galego.
ComerLaxe e Feira
Ademais, o Concello invita aos hostaleiros a achegarse á Feira Gastronómixa Xantar en Ourense, ao tempo que anuncia inminente dunha nova campaña do comercio local en colaboración coa asociación ComerLaxe por San Valentín.Programa de Inverno Gastronómica e Enolóxico no Reláxese
FEBREIRO- VENRES 1 ás 19.00 h. CHARLA DEGUSTACIÓN DA IXP TENREIRA GALEGA a cargo de Luis Vázquez, xerente da IXP e Marcos Seoane, do Restaurante Río Sil de Carballo.
- VENRES 8 ás 9.00 h. EXCURSIÓN Á FEIRA DE GASTRONOMÍA E TURISMO XANTAR EN OURENSE. Inscrición previa no Concello
- VENRES 15 ás 19.00 h. “CON X DE LAXE, CON X DE PEIXE” SHOWCOOKING SOBRE A XARDA a cargo do cociñeiro Iván Domínguez.
- SÁBADO 16 ás 12.00 h. CHARLA DEGUSTACIÓN DOP MEXILLÖN DE GALICIA
- VENRES 22 ás 19.00 h. “CON X DE LAXE, CON X DE PEIXE” SHOWCOOKING SOBRE ABADEXO a cargo do cociñeiro Caco Agrasar
- VENRES 1 ás 19.00 h. CATA D.O. RIBERA DEL DUERO. Bodegas Pago del Cielo, a cargo do enólogo José Miramontes de EXCELSIA
- VENRES 8 ás 19.00 h CATA D.O. RIOJA a cargo de Sergio Santorium, delegado norte de Bodegas Fernández de Piérola
- SÁBADO 9 ás 12.00 h CATA D.O. RIBEIRA SACRA a cargo de Mateo Seoane, xerente de Belarmino Compañía de Viños
- VENRES 15 ás 19.00 h CATA D.O. RÍAS BAIXAS a cargo de Enrique Novoa Gómez, delegado da Bodega Pazo Pondal
- SÁBADO 16 ás 12.00 h CATA DAS IXPS GALEGAS TERRAS DO MORRAZO, BARBANZA E IRIA, E TERRAS DE BETANZOS
- VENRES 22 ás 19.00 h MASTERCLASS SOBRE ESPUMOS a cargo de Luis Paadín, autor da Guía de Viños de Galicia 2018
- VENRES 29 ás 19.00 h CATA D.O. RIBEIRO a cargo de Marino Álvarez Robles e Duvi González Pernas da Adega Dona Elisa