Luar na lubre homenaxea ao Monte Pindo no seu último disco
Vén de facer a presentación do seu último disco. A banda galega máis internacional, Luar na Lubre, acaba de presentar "Solsticio", unha volta ás súas orixes. A "Saia de Carolina" ou "Ven bailar Carmiña’" volven tomar protagonismo nun disco que se venderá nada menos que en 26 países.
E todos estes lugares do planeta coñecerán un tema que ten por título "Monte Pindo", a oitava peza do álbum e da que podedes escoitar un adianto en Spotify.
Trátase dunha "homenaxe musical ao noso sacro Monte Pindo con dúas composicións de Bieito Romero". Cómpre lembrar que Bieito é un namorado da Costa da Morte. O artista ten como costume subir unha foto, é bo amante da fotografía, cada día ao seu Facebook. E encántanos ver como a Costa da Morte está moi presente nas imaxes que sube ao seu perfil.
Un amor pola bisbarra que se extende a toda a banda, e lembramos que no anterior disco, a portada era un vermellón Cabo Vilán.
Novas relacionadas
- Luar na Lubre presenta un novo disco cargado de Costa da Morte .
- Luar na Lubre presenta os seus "Camiños da Fin da Terra".
- Luar na Lubre encandilou a todo Corcubión .