Luns. 07.10.2024
El tiempo

Máis de 400 bailadores participan no XXXV día da Muiñeira de Carballo

Máis de 400 bailadores participan no XXXV día da Muiñeira de Carballo
dia da muineira carballo Este domingo, 5 de xuño, terá lugar en Carballo o XXXV día da Muiñeira organizada pola asociación cultural Nemeth. Segundo indican dende a entidade, o evento congregará a máis de 400 participantes provintes dun total de 14 asociacións de toda a comarca: A.C. Nemeth, A.C. O Candíl de Sísamo, A.C. San Campio de Cances, A.C. Xiradela de Arteixo, A.C.X. Arume de Verdillo, A.C. Raigañas de Cerqueda, A.A.C. Semente Nova de Oleiros, A.F.C. San Martiño de Cerceda, S.C.F. Veiga de Cotón de Negreira, A.C. Terra de Ames de Bertamiráns, A.C. Inllar do Couto de Ponteceso, A.C. Sta. María de Torás da Laracha, CEIP o Graxal de Cambre e a S.C.D. Brens de Cee. Os participantes reuniranse ás 17 horas no aparcadoiro do centro comercial Bergantiños e ás 17:30 horas iniciarase o desfile polas rúas de Carballo ata a praza do Concello para darlle comezo, ás 18 horas, aos actos centrais sendo o principal o baile conxunto ao son da Muiñeira de Berdoias. Outras actividades A actividade non para na asociación cultural Nemeth durante o mes de xuño. Así, o venres 17, ás 21 horas terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo o acto de clausura do curso 2015-2016 na que participarán todos os grupos da escola de pandeireta, baile tradicional e gaita. E un día máis tarde, o sábado 18, celebraran o I concurso de baile tradicional Nemeth no que participarán grupos de baile chegados dende distintos puntos da provincial. Fonte  

Comentarios