Máis de 90 grupos da zona participan na Rede Cultural da Deputación, que abre o prazo para Concellos e Asociacións
Ben é sabido que os programas culturais de Concellos e Asociacións viven da Deputación. E concretamente do programa da súa Rede Cultural.
E xa está aberta a convocatoria para que os concellos e asociacións da provincia que queran solicitar actuacións dos grupos inscritos na Rede Cultural 2012. Así, Concellos e Asociacións deberán presentar as solicitudes entre os días 11 de maio e o 31 de maio do 2012.
Unha potencia en materia tradicional
Xa o dixemos o ano pasado, e este 2012 volves comprobar que a Costa da Morte é unha potencia en materia tradicional. Pois dun total de 94 grupos que se presentaron, atopamos nada menos que 40 grupos tradicionais (ben sexa Grupos de Baile, de Gaitas ou de Pandereiteiras), e 24 Corais.
Pola contra, só temos 7 Grupos de Teatro inscritos na rede e un de Maxia e un de regueifeiros. Ademais hai 17 grupos de música, pero de música ghallega daghora, de música moderna da Axenda Sonora da Costa da Morte, apenas atopamos 5 bandas que buscan dinamizarse a través desta rede.
Concello a Concello
Diverxencia da incidencia cultural na zona. Curiosamente os extremos son os máis activos e se Carballo conta con 20 grupos inscritos, Muros ten 17.
Estas cifras contrastan cos 0 grupos inscritos en Dumbría e Mazaricos.
Sen máis, deixámosvos con todos os grupos que Concellos e Asociacións podedes contratar a través da Rede Cultural 2012 da Deputación da Coruña (se pinchades nas ligazóns obteredes o seu contacto, e na web da Deputación podedes descargar os documentos para presentar).
Grupos da Rede Cultural da Deputación
A meirande parte forman parte do XXVI Programa de música e teatro para grupos non profesionáis se ben indicamos cando os grupos son profesionais:
Cabana
- CANTAREIRAS O FOL DE NEAÑO - ASOC. CULT. O FOL
- CORAL DE CESULLAS - ASOC. DE HOMES E MULLERES DO CORO DE CESULLAS.
- CORAL DE CORCOESTO - ASOC. DE HOMES E MULLERES CORAL DE CORCOESTO.
- GAITEIROS DE ANOS - A. C. ADA.
- GRUPO DE GAITAS LÚA CHEA DE SAN XOÁN - ASOC CULT LÚA CHEA DE SAN XOAN
- IARA TEATRO - Viaxe ao país dos libros perdidos
- IARA TEATRO - Terra
Camariñas
- DEQUENQUEN TEATRO - A gatiña e o moucho - XXI Programa de teatro e títeres para compañías profesionáis.
- ABRINDO REJO
- ASOC. DO CORO BRISAS DO MAR DE CAMARIÑAS
- CARAMUXAS - ASOC XUVENIL FOLCLÓRICA DE CAMARIÑAS
- CORAL ANDURIÑAS DE XAVIÑA
- OS PANCHOS DO JOLFENDRO
Carballo
- MAGO PABLO - PABLO ALEJANDRO FARIÑA VELOS - XXI Programa de teatro e títeres para compañías profesionáis.
- FUCOXABIER - DANIEL LÓPEZ MONTERO. - XXII Ciclo de música para intérpretes profesionáis.
- THE CERNE - XXII Ciclo de música para intérpretes profesionáis.
- AGRUPACIÓNPOLIFÓNICA DE CARBALLO
- BAILE REXIONAL SAN CAMPIO DE CANCES.
- CANTAREIRAS E CANTAREIROS ARUME - CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA - AGRUP. CULT. ARUME.
- CORAL POLIF. DE BERGANTIÑOS.
- CORO AIRES DE BERGANTIÑOS.
- CORO DO COEI - C.O.E.I. - ASOC. CENTRO ORIENTAMENTI EMIGRANTI ITALIANI.
- CORO INFANTIL-XUVENIL VOCES BRANCAS - CORAL DE BERGANTIÑOS.
- FOL DE VENENO.
- GRUPO DE BAILE TRADICIONAL "NEMETH" - ASOC. CULT. MONS-R-NEMETH.
- GRUPO DE BAILE TRADICIONAL SEARA - EXHIBICIÓN DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL- ASOC. XUVENIL ARUME.
- GRUPO DE CANTAREIRAS NÉVEDAS - CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA - ASOC. XUVENIL ARUME.
- GRUPO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL "BILITROQUE" - EXHIBICIÓN DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL -AGRUP. CULT. ARUME.
- GRUPO SAN MARTÍN DE RAZO.
- PANDERETEIRAS XOLDREIRA - ASOC. CULT. MONS-R-NEMETH.
- TRIO MUSICAL LEMBRANZA - ASOC. CULT. SAN CAMPIO DE CANCES.
Carnota
Cee
- BANDA DE MÚSIC A DE CEE .
- CORAL POLIF. NERIA COSTA DA MORTE.
- GAITEIROS e GRUPO DE BAILE DE PEDRAS MIÚDAS DE LIRES.
- GRUPO DE BAILE e GRUPO DE PANDERETEIRAS BREOGÁN DE BRENS.
- PETA FORTE - ASOC. CULT. E RURAL DE MULLERES DE PEREIRIÑA.
Corcubión
- BAILE NERIO - ASOC. UNIVERSIDADE POPULAR DE VERAO DE CORCUBIÓN.
- CORAL AIRIÑOS DE QUENXE - CONCERTO CORAL.
Fisterra
- BANDA "O RUMBO" DE SARDIÑEIRO.
- BANDA DE GAITAS E TAMBORES ARIÑOS DO CORVEIRO.
- CHARANGA O VENDAVAL - FRANCISCA ROSA TRILLO LÓPEZ.
- LAURA DE FISTERRA - LAURA TRABA ESTEVEZ.
Malpica
- CORAL DE MALPICA.
- GRUPO DE BAILE, DE GAITAS e DE CANTAREIRAS MALANTE.
- GRUPO DE CANTAREIRAS e DE BAILE TRADICIONAL RAIGAÑAS.
- BANDA DE GAITAS RAIGAÑAS.
- GRUPO DE TEATRO RAIGAÑAS.
- MEDIADUCIA FOLK.
- MEIGALLO - ASOC. CULT. E DEP. CARCAXIA.
- OS AMIGOS DE MALPICA - Mañanciñas de Sol.
Muxía
Muros
- TONGONIC - Mundo tribal - ASOC. GALEGA DE PERCUTAS OMAR.
- OMAR PERCUSSION GROUP - Africana ou Brasilafricano.
- RAPOS SUCIOS + SOZIOS A LA FUERZA - A.C.R.D. PRAIA DO CASTELO.
- AGRUP. FOLCL. XIMIELA.
- AGRUPACIÓN AGROCOVO.
- ASOCIACIÓN CULTURAL FALTRIQUEIRA.
- CANTAREIRAS DO RUMIAL.
- CORAL "DON DIEGO DE MUROS".
- CORAL SAN XOAN DE SERRES.
- CORAL SANTA MARIÑA.
- GALANÍA DE MUROS.
- LONGARELA.
- ORFEÓN RÍA DE MUROS - ASOCIACIÓN CULTURAL FALTRIQUEIRA.
- PANDERETEIRAS DE XIMIELA.
- TEATRO SOLIDARIO AS ÍNSUAS - Ám@te.
- TRIO MUSICAL ECLIPSE.
- GRUPO DE GAITAS XEITURA.
Ponteceso
- CORAL A OLIVEIRA DE MONTE BRANCO.
- AS QUISQUILLEIRAS - SAN XOAN DE XORNES.
- ASOC. CULT. SAN XOAN DE XORNES.
- ASOC. PANDERETEIRAS RAÍCES COMBINADAS DE LIMIÑOA.
- BANDA DE GAITAS INLLAR.
- BANDA DE MÚSICA EDUARDO PONDAL.
- CORAL POLIF. BRISAS DO MAR.
- CORAL POLIF. S. MARTIÑO DE CORES.
- CORAL POLIF. SAN ELEUTERIO DE TELLA.
- CORAL POLIF. SAN SALVADOR DE PAZOS.
- CORAL POLIF. SANTA MARIÑA - VOCES CORALES.
- JESÚS COUTO E OS SEUS ACORDEÓNS - Música de acordeóns e violín - CORAL POLIF. STA. MARIÑA.
- MÚSICA E DANZA TRADICIONAL INLLAR.
- O CRUCEIRO - SAN XOAN DE XORNES.
- REGUEIFEIROS DE BERGANTIÑOS - A.VV. DE XORNES.
- AIRES DO PINAR - Gaiteiros - ASOC. C.P. ZAS.
- CORAL POLIFÓNICA XAN MELLA.
- GRUPO DE BAILE TRADICIONAL "CHURÍA".
- GRUPO DE BAILE TRADICIONAL DE ADRO.
- GRUPO DE TEATRO BADIUS - Facer o sueco.
- Máis información: Rede Cultural 2012 da Deputación da Coruña.
- Escolma de Bandas da Axenda Sonora da Costa da Morte.
- A participación da Costa da Morte na Rede Cultural da Deputación 2011.
- Redacción de QPC ([email protected]).