Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mañá saen a venda os bonos e entradas da 31ª edición do FIOT

fiot-carballo-2022-Laia-Nogueras
"La voluntad de creer" será unha das representacións da 31ª edición do FIOT. Imaxe: Laia Nogueras
Mañá saen a venda os bonos e entradas da 31ª edición do FIOT

Cada vez está máis cerca o FIOT, o Festival Internacional Outono de Teatro. De feito mañá martes, día 20, activase a venda de 200 bonos para o Programa de Sala, e que permitirán ao público asistir a un total de 8 funcións, incluída a estrea absoluta, o 7 de outubro, de Pirolíticos, así como as estreas en Galicia de Búho, 70 años: Leo Bassi, Impalpable, Eclipse total e La voluntad de creer; ademais das funcións de Silencio Recortes, caneos e outras formas de driblar. Estes billetes, que se poderán adquirir na plataforma www.ataquilla.com, terán un prezo ordinario de 80 euros; mais o alumnado con carné de estudante, persoas maiores de 60 ou menores de 18 e aquelas que estean en situación de desemprego, poderán adquirilo por 75 euros.

As persoas asociadas da AC Telón e Aparte terán un prazo exclusivo para a adquisición destes bonos, desde o propio martes 20 até o vindeiro domingo 25. Unha vez finalice este período, os bonos restantes para o Programa de Sala sairán á venda para o público xeral o martes 27 de setembro, o mesmo día no que tamén se activará a posibilidade de adquirir entradas soltas para cada representación (entre 10 e 15 euros, gastos de xestión non incluídos). Tamén o día 27, desde o espazo web www.ataquilla.com, estará activa a posibilidade de mercar os billetes para as funcións do ciclo OTNI e do FIOT en Ruta (nos dous casos as entradas terán un prezo de cinco euros por función).

No caso da Rúa dos Contos, poranse á venda este mércores 30 bonos cada un para asistir a catro funcións: Good Sex Maritxu, Pablo Meixe e Adrián do Regenco, Quico Cadaval e Chusa, e Óscar Terol. As entradas soltas para estes espectáculos, como para os que restan desta liña de programación, estarán dispoñibles para o público desde este mércores na plafatorma www.ataquilla.com, ou nos locais de hostalería que programen algúns destes shows. O prezo destas entradas vai dos 4 e até os 10 euros (sen gastos de xestión).

Finalmente, os días de función habilitarase unha billeteira no espazo da representación desde 90 minutos antes do inicio da mesma. Nestes casos os gastos de xestión xa estarán incluídos no prezo da entradas.

Comentarios