As minas de Barilongo de Santa Comba, un escenario de película
Volve a Costa da Morte servir de escenario de película. Pendentes estamos da grabación de Sicixia, a primeira película que se rodará integramente na Costa da Morte. Pero mentres, xa recibimos ao equipo da produtora galega “Agallas Films” que, coa participación da TVG, TVE, TV3 e varias entidades belgas, prepara xa unha coprodución internacional que nos devolve aos tempos da Guerra Civil.
As minas de Barilongo, en Santa Comba, están servindo de escenario da rodaxe “Lobos Sucios (Wolf-Ram) A historia nazi co wolframio”, protagonizada pola premio Goya Miriam Álvarez, emais por Manuela Valles, a “actriz máis sexi da serie Hispania”. Están sendo dirixidas por Simón Casal de Miguel, que desenvolve unha idea orixinal de Felipe Rodríguez, cun guión preparado durante 2 anos por Carmen Abarca, Felipe Rodríguez, Noelia del Río e Paula Cons.
Está gravando dende o pasado luns ata hoxe mércores 22 de outubro, con intensas xornadas de 12 horas e un equipo de máis 150 persoas. Escóitanse polos arredores de San Salvador efectos especiais das explosións e tiroteos.
A historia relaciona como o wolframio que saía de minas como as de Barilongo, servía para fabricar as bombas que caeron sobre Londres en tempos de guerra. De feito, as de Barilongo eran as minas de wolframio máis importantes de Europa para a Alemaña Nazi, i é que Santa Comba chegou a ser ao primeiro productor Europeo de wolframio, que non só interesaba aos alemáns e ingleses, senón tamén aos americanos cando foi a guerra de Corea. Con conflitos bélicos, Santa Comba sempre gañaba. Alí, nestas localizacións tan complexas, abandonadas dende hai varias décadas, pódese recrear ao milímetro as súas instalacións na década dos 40, revivindo a situación na que vivían os mineiros.
Pendentes estaremos da súa estrea, pensada para os meses de setembro ou outubro do 2015.
Un concello volcado
Bo apoio está tendo o equipo de rodaxe da man do servizo de información ou consumidor (OMIC) e Oficina Xuvenil (OMIX), que está coordinando a rodaxe desta coproducción internacional durante catro meses coas compañías españolas Agallas Films e Dream Team Concept e a belga Left Field Ventures. Para iso os traballadores municipais adscritos ao servizo, José María Suárez e José Manuel Vázquez, Huelvis, aportaron numerosa información, e ata documentación histórica sobre a historia da mina. Están ademais axudando a localizar exteriores no municipio que puidesen estar en condicións para a rodaxe.
Tamén puxeron en contacto á productora con persoal que traballou na mina e que aportou multitude de anécdotas. Especialmente as aportadas pola “enciclopedia viva” da mina, Eliseo Mourelle Rial “Eliseo da Mina”. A productora executiva Paula Cons, agradeceu a pé de rodaxe aos propios traballadores e ao alcalde a colaboración prestada, que ata inclúe uso do edificio central de oficinas da mina de propiedade municipal, agora restaurado, e un enfermeiro, Diego Villar Belo, como asistencia ás secuencias máis perigosas con reprodución de explosións e tiroteos, sen confirmar si entre eles ía estar a anécdota real ocorrida na mina do tiroteo do cura ao propio Eliseo, ou a toma das galerías polos mineros, pertrechados como Pancho Villa dispostos a voar a mina si non se atendía ás súas reivindicacións “si alguén trata de sacarnos estamos dispostos a facer explotar a dinamita e morrer dentro da mina, todo menos saír coa cabeza baixa como cobardes”. ”Ninguén”, aseguraba de forma tallante un deles, “sacarannos de aquí con vida pola porta”. Confirmou Paula Cons que Eliseo da Mina terá o seu espazo no making of da película.
A Historia
O filme ocorre entre 1944 e o final da Segunda Guerra Mundial, nunha mina de wolframio explotada polos nazis coa connivencia do franquismo. Inspírase libremente en personaxes reais e nas trepidantes historias que sucederon nestas minas galegas de Wolfram, tamén cárceres, que o goberno español permitiu explotar aos nazis na Segunda Guerra Mundial mentres os espías aliados trataban de sabotearlas por todos os medios. A última ganadora do Premio Goya Marián Álvarez e a sempre reivindicable Manuela Vellés protagonizarán e darán vida á historia de dúas irmás, traballadoras nas minas de wolframio que explotaron os nazis na Galicia dos anos 40. Unha delas traballa no lavadero da mina e a outra se dedica ao estraperlo nas montañas. A trama empeza cando un espía belga ten a misión de facer un sabotaje no cargamento que van enviar os nazis ás fábricas de armamento en Alemania. “As protagonistas Manuela e Candea non son conscientes de toda a complejidad do que está pasando alí. Aos poucos descobren a complejidad da situación e implícanse no que está en xogo. Son dúas mulleres que viven nunha aldea illada”, declarou Simón Casal, o director. “Lobos sucios” diferénciase doutras películas ambientadas na Segunda Guerra Mundial pola atmosfera máxica que crea grazas a un Bosque de te4ixos moi especial e a relación que se establece entre a protagonista e o enxeñeiro nazi das minas, seguidor das correntes esotéricas do nazismo.
Os cativos de Santa Comba, na rodaxe
Os rapaces do taller de cine do Colexio Barrie de la Maza poideron coñecer de primeira man o que hai detrás dunha rodaxe de cine (vestiario, costura, producción, maquillaxe, catering, documentación, etc)
Quen se non estivo con eles...
Novas cinematográficas costeiras
- Unha documental de percebes e boulder.
- Costa da Morte, a premiada documental de Lois Patiño, chega á gran pantalla.
- Illados, unha nova documental sobre a idiosincrasia da Costa da Morte.
- Un solpor peregrino ao son do chelo.
- As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
- Sicixia, a primeira película que se rodará integramente na Costa da Morte.
- “The Way” tamén chega á Costa .
- “A Mariñeira” enche os cines de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Información e fotos da OMIC de Santa Comba.