venres. 15.11.2024
El tiempo

Monte Neme recupera os sons do wolfram co programa Ecos do Nemio

Monte Neme recupera os sons do wolfram co programa Ecos do Nemio

Co obxectivo de seguir espallando e divulgación o patrimonio do Monte Neme, a Plaforma homónima vén de presentar un novo programa de actividades. "Ecos do Nemio" recuperará “os recordos das galerías que aínda perduran no fondo da memoria”, facendo especial fincapé naquela memoria que ten que ver co Wolframio.

Como oportunidade de encontro das entidades da súa contorna, con programas de radio, conversas, palestras, magosto, foliada e roteiros, etc… preséntanse estas dúas liñas de actividades Semana do Wolframio, do 14 ao 18 de novembro, e as Xornadas Monte Neme, os días 23 e 24.

Semana do Wolframio

O programa da Semana do Volframio é o seguinte: - Mércores 14: programa de radio acerca do Monte Neme - Xoves 15: proxección do filme "Minas da Borralha" e conversa posterior con antigos traballadores da mina de Monte Neme (dentro dos Xoves de Filme do programa Ás sete no Espazo de Senda Nova). - Venres 16: conversa con Xan Fraga, "Bergantiños, capital do Volframio" (dentro da actividade Conversas no luscofusco do programa Ás sete no Espazo de Senda Nova) - Sábado 17: conversa interxeracional entre maiores antigos traballadores da mina e pequenos da Escola Ambiental de Carballo. - Sábado 17: Magosto-Foliada en Oza, organiza a Asociación Torre Vixía de Oza. - Domingo 18: Día Mundial do Patrimonio: organizanse dúas actividades paralelas dentro desta iniciativa coordinada en Galicia pola Rede do Patrimonio Cultural: - Roteiro "As pegadas do Volframio" (organiza Senda Nova) - Círculos na Eira das Meigas (organiza Plataforma Monte Neme). Consistirá nun roteiro circular no cumio do Monte Neme de interpretación paisaxística e a conformación dun círculo humano e lectura dun manifesto de enxalzamento do Patrimonio por Xan Fraga.

Xornadas do Monte Neme

- Venres 23: gravación do programa de radio Efervesciencia da Radio Galega dende o Monte Neme. - Sábado 24: palestras acerca de diversas temáticas con relación co Monte Neme e presentación do libro "Galicia en guerra. Espías, batallas, submarinos e volframio: do desfile da Wehrmacht en Vigo á fuxida dos criminais nazis”, de Eduardo Rolland.

Novas relacionadsa

https://quepasanacosta.gal/o-mal-tempo-impediu-a-vista-do-eclipse-de-lua-as-xentes-do-monte-neme-que-xa-pensan-nas-perseidas/ https://quepasanacosta.gal/as-bagoas-de-san-lourenzo-do-monte-neme/ https://quepasanacosta.gal/varias-asociacions-unense-na-plataforma-pola-defensa-de-monte-neme/

Comentarios