Música e gastronomía toman o relevo do teatro en Carballo


Xa está en marcha o "Novembro con Música" do Concello de Carballo, pero antes temos que repasar os premiados do sorteo entre os participantes na ruta gastronómica "Dálle un bocado ao FIOT". Foi a veciña de Carballo Esther Verdes Garrido resultou a gañadora do concurso, e recibiu como premio unha noite de teatro con función, cea, aloxamento e almorzo incluídos para o FIOT 2014.
Os participantes puideron escoller entre 15 locais hostaleiros da capital municipal e a súa oferta de almorzos, tapas, menús de xantar e cea ou racións inspiradas no Festival.
Novembro con Música (NCM)

Foi presentado pola Concelleira de Cultura, Mar Eirís, o programa Novembro con Música 2013. Un programa que reúne a un total de 25 agrupacións que ofrecen dez concertos ao longo de todo o mes.
Moitas das actividades constitúen citas xa consolidadas como o concerto de música tradicional 'Sons de aquí' -que abre o programa o sábado 9 de novembro-, o festival de rock 'Live in Cances' (o día 15), o concerto de Santa Cecilia, o Festival de Corais, o concerto da Banda Municipal que adoita pechar o programa ou o ciclo'En Familia', dirixido aos máis cativos e cativas.
- Máis información: Un total de 10 concertos nos que participan 25 agrupacións musicais conforman o programa do Novembro con música 2013.
Novas relacionadas
- Nais, pais e formadores aprenden nanas en Carballo.
- O Festival Live in Cances volverá facer estrellas ás bandas bergantiñás.
- Os mestres de Bergantiños aprenderán a usar o xogo didacticamente.