Música, surf e... Razo


Este verán teremos que ir dúas veces á praia de Razo (de noite, que de día ca táboa xa teremos que ir moitas máis). I é que as propostas festivaleiras duplícanse, pois ao Festival Sereas e Piratas vén de saírlle un irmán pequeno, o Festival Pop Up.
Ambos son propostas mñais ben tirando a popeiras, cun Pop Up que chega con moita forza e bandas referencia a nivel estatal como Grises ou Lori Meyers; e un Sereas e Piratas que trata de afianzarse como referencia e como escaparate para as bandas da zona, dando cabida a bandas galegas emerxentes e formacións de vangarda. Sempre co surf como partner oficial, convertindo a mestura entre música e surf no meirande atractivo.
Se a primeira das citas festivaleiras de Carballo será o Rockin'Praza, e a última toca en setembro da man do Xiria Pop, (en breve faremos un repaso completo á Axenda Sonora da Costa da Morte, xullo toca irmos a Razo.
I Festival Pop Up de Razo

Xa temos as entradas á venta para a primeira edición do Pop Up. O festival será os días 4, 5 e 6 de xullo, e teremos grandes bandas como Igloo Disco, Mordisco, Grises, Lori Meyers, Dorian, Estereotypo, The Warriors, Pull my Strings, Faber.
VIII Festival Sereas e Piratas
Algúns cambios para este ano no Festival Sereas e Piratas, que este ano celebra o 27 de xullo a súa 8ª edición. Edición que chega con novidades, tanto na organización como no despliegue. Pero a idea segue a ser a de convertirse no mellor escaparate para as bandas emerxentes da zona de de toda Galicia, ademais de mesturar as dúas paixóns que corren por razo, a música e o surf. E atentos coa xa mítica Sesión vermú que gastan no Sereas...
Polo de pronto aínda non sabemos o cartel ao completo, pois o están debullando a través das redes sociais, así que por agora só temos dúas confirmacións, como son Músculo, banda galega con músicas de hoxe; e os Holycrab, unha banda de Carballo (Galifornia, como lle din) formada por tres rapaces amantes das barbacoas e das series dos 90, cun son garaxe-punk, que "falan do cotián, de non ter un can, de namorarse e desnamorarse, de cerveza barata, de palmeiras e monopatíns, de rapazas en bikini, de un verán que non queremos que acabe nunca..."
Como para perdernos estas dúas citas!

Máis información
- Facebook do Festival Sereas e Piratas.
- Facebook do Festival Pop Up de Razo.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas festivaleiras
- Verbena galega, outro xeito de facer festa con música do país.
- A música ghalegha daghora está “On the road”.
- 9 grupazos para celebrar os #10anosdemusica no Castelo Rock.
- O Asalto ao Castelo de Vimianzo xa ten cartel.
- Loquillo e Corizonas, os primeros grandes nomes do #NordestazoRock2013.
- O Festival V de Valarés quenta motores con 3 artistas confirmados.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).