Venres. 26.04.2024
El tiempo

Música, teatro, monólogo e charlas para a Axenda cultural da fin de semana

Música, teatro, monólogo e charlas para a Axenda cultural da fin de semana

Completa se presenta esta fin de semana cultural de venres 24, sábado 25 e domingo 26 de marzo de 2012. A Semana Santa está a tiro e xa soan ecos das verbenas, e a veciñanza vaise poñendo de gala. E que mellor que prepararse cunha serie de concertos, charlas, monólogos ou teatro.

Como as charlas sobre Palestina que o Colectivo COSAL Costa da Morte ofrecerá en Vimianzo e Muxía, onde a sesión será completada coa guitarra de Mon Búa.
A golpe de venres, será Carballo o centro musical da zona co Festival RockCarballo.

Para o sábado teremos citas en Muros cunha bonita Foliada; un tremendo monólogo en Malpica de Carlos Blanco e un concerto en Laxe.

Para o domingo quedará a sesión teatreira habitual en Vimianzo, que esta semana ademais outro monólogo, con Pepo Suevos..

Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.

Máis información

Fonte

Comentarios