Venres. 26.04.2024
El tiempo

Nace o novo Compás da Copa

Nace o novo Compás da Copa

Hoxe, xoves día 17 nace www.compasdacosta.com, unha revista cultural que pretende dar a coñecer a axenda cultural e de lecer da Costa da Morte. Alegrámonos así de que a rede submariña na Costa da Morte reciba máis Vitaminas para o galego, e moitas máis se son para o eido cultural, vindo a completar a Axenda da Costa da Morte.

Detrás de Compás da Costa atópase un grupo de 3 xornalistas e 3 comunicadores audiovisuais que se acaban de licenciar recentemente. Carballo, Baio, Vimianzo e Muxía son os lugares de referencia e pretenden "facer unha revista dixital que vai amosar que si existe cultura na Costa da Morte, facendo reportaxes de eventos culturais, deportivos, paisaxes e tradicións pouco coñecidas e promover as actividades que organizan os concellos, asociacións e entidades culturais da costa".

Aseguran que detrás de eles "non se atopa ningún tipo de entidade nin política nin empresarial. Só a iniciativa creadora de 6 mozos preocupados polo desenvolvemento cultural da zona".

Presentación

O vindeiro sábado 19 ás 20.00 da tarde farán unha presentación no auditorio da casa da cultura de Vimianzo. A presentación estará amenizada por dúas pezas teatrais: unha a cargo do grupo “A cara descuberta” que trata sobre a lingua galega; e unha performance de Laura Mojo chamada "Forza galega", que trata sobre a identidade galega pero dende un punto de vista diferente.

Máis información

Fonte

  • compasdacosta.com.

Comentarios