Venres. 26.04.2024
El tiempo

O alumnado dos colexios carballeses visitan a biblioteca Rego da Balsa

O alumnado dos colexios carballeses visitan a biblioteca Rego da Balsa
visita-colexios-biblioteca-rego-da-balsa Os alumnos e alumnas de entre 4 e 6 anos coñecerán a zona infantil da Biblioteca e recibirán un agasallo Dende onte e ata o vindeiro día 31 todos os nenos e nenas de entre catro e seis anos que estuden nos colexios de Carballo visitarán a biblioteca Rego da Balsa. Coñecerán este recurso cultural de enorme valor os estudantes dos colexios Bergantiños, Fogar, A Cristina, San Luís Romero, Artai, Nétoma-Razo, Gándara-Sofán, Canosa-Rus e CRA Ponte da Pedra. Os nenos e nenas realizan unha visita guiada pola zona infantil, asisten a unha función de contacontos exclusiva e ademais levan como agasallo un libro dos Bolechas no que poderán descubrir outros interesantes recursos do concello de Carballo. Novas relacionadas Fonte

Comentarios