Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Castro de Mallou xa vive

O Castro de Mallou xa vive
Anton Malde explicando aos Voluntarios no Castro de Mallou

Nova demostración de como se fai arqueoloxía por e para o pobo. De como facer que o patrimonio volva ás mans da cidadanía, de como facer que sexan as persoas, e non as elites, as protagonistas da historia. A Torre dos Mouros revolucionaba a forma de facer arqueoloxía en Galicia e o Proxecto do Castro de Mallou é a súa primeira herdanza.

O multidisciplinar equipo de traballo xa está no alto de Mallou tratando de recuperar do estado de abandono no que estaba o Castro reanudando a campaña realizada no 2006-2007. Con Antón Malde como coordinador, moitos voluntarios de todas partes de España chegan para botar unha man e recuperar e seguir investigando os traballos realizados durante a campaña do 2006-2007. Arqueológos, xornalistas, mestres, debuxantes, escultores... un equipo de primeira invitado a través do Concello carnotán, que aloxa ao núcleo para afrontar a campaña.

Un Castro cheo de historia contado en tempo real

Entrada ao Castro de Mallou

"Esta é a entrada ao espectacular castro de Mallou", como nos conta o xornalista de GC Xurxo Salgado en tempo real a través do Facebook "Proxecto Torre dos Mouros". Dende o outro lado da pantalla podemos seguir descubrindo a nosa historia, como vivían os nosos ancestros, e coller forzas para achegarnos por aló enriba a axudar.

Isto e o que se conece do Castro de Mallou

E esto outro xa é o que se coñece do castro de Mallou. "Aquí escavou a empresa Antropos en 2007 dentro dunha campaña arqueolóxica impulsada pola Secretaria Xeral de Xuventude da Xunta. Entón sacaron á luz elementos monumentais como a porta que xa vos amosamos antes, ou un impresionante corpo de garda e posible alxibe".

Os primeiros vídeos

E gracias ao equipo de traballo xa imos tendo material audiovisual a través do Youtube do Castro de Mallou. Aí van as primeiras achegas:

Que se vai facer no Castro de Mallou?

Antón Malde, director arqueolóxico do proxecto de mallou explica o que se vai facer durante estes 15 días.

A Pedra do Porquiño. O primeiro ser mítico do castro de Mallou

Antonio Pablo ou Pablo Antonio, "O Cañón" para os veciños da parroquia de Mallou, explícanos a orixe da escultura do porquiño que é o ser mítico descuberto no castro de Mallou. Apareceu entre os muros da muralla e acabou no muro dunha casa particular. Alguén foi unha noite a roubalo, pero gracias ao escultor Marcos Escudero o porco pode que volte a Mallou.

Festa do Castro

O sábado 27 será un día intensísimo no castro de Mallou. Haberá visitas ilustres, moitísimo traballo de voluntarios e todo tipo de actividades, música... que xa podedes ver no programa.

Unha delas, será unha sesión de mitos e lendas para os máis pequenos, como fixeron o ano pasado na Torre dos Mouros.

Mitos e lendas para os nenos como ano pasado na Torre dos Mouros-Foto-Andrea Lozano

Máis información

Máis novas

Fonte

Comentarios