mércores. 19.03.2025
El tiempo

O certame fotográfico Xosé Manuel Eirís incrementa os premios na súa 19ª edición

O certame fotográfico Xosé Manuel Eirís incrementa os premios na súa 19ª edición
Cun incremento dos premios, o concello de Carballo quere impulsar o certame fotográfico Xosé Manuel Eirís a nivel autonómico e estatal para que sexa, cada vez máis, unha cita de referencia para afeccionados e profesionais. En total repartiranse 3.050 euros, de xeito que o primeiro está dotado con 1.500 euros e diploma, e o segundo, patrocinado por primeira vez pola fundación Luis Calvo Sanz, con 750 euros e diploma. O premio Especial Carballo, para a mellor imaxe relacionada co concello carballés, ten unha dotación de 500 euros. Ademais, o xurado poderá conceder accésits por un importe de 300 euros. As bases íntegras desta 19ª edición están dispoñibles na web municipal. O certame fotográfico Xosé Manuel Eirís mantén vivo o recordo do que foi animador cultural no concello de Carballo a través dunha das súas afeccións, ao tempo que contribúe a divulgar a fotografía e a creación artística como un dos elementos singulares que cada vez máis identifican o noso municipio. Bases do concurso Os creadores e as creadoras teñen liberdade para presentar as súas obras en branco e negro ou cor, e nun formato comprendido entre 25x35 e 40x50. Nas bases establécese que as fotografías, que se presentarán en sobre pechado, deberán ir montadas sobre cartón pluma ou soporte ríxido similar. Na parte posterior figurará o título e o pseudónimo do autor. Noutro sobre pechado entregarase a solicitude de participación e unha fotocopia do DNI do autor/a. O prazo para participar remata o 8 de marzo. As fotografías poden entregarse no Rexistro do concello de Carballo, no rexistro auxiliar do Pazo da Cultura (preferentemente) ou por correo certificado. Para máis información está dispoñible o número de teléfono 981 704 300.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios