O concurso de Cachelas e o #DescensodoAnllóns enchen de risas o San Xoán carballés
Tralo pregón que abría Ángel Carracedo, a primeira das dúas grandes fins de semana do San Xoán carballés tiña no concurso de cachelas a grande atracción. Un certame que cumplía 30 anos e facíao repartindo1450€ en premios.
Foron 14 cacharelas as que participaron e a gañadora foi “A dilixencia do Oeste”, do lugar San Lois, na parroquia de Ardaña.
O segundo premio, dotado con 300 euros, foi para outro elaborado traballo en madeira, “Polar Express”, un precioso tren con estación no barrio do Sisto. Para a rúa Carré Aldao foi o terceiro premio, que este ano acadou os 200 euros, e o responsable foi “El Pirulí”, unha réplica de Torrespaña moi carballesa. “Móllate”, unha orixinal figura dun nadador na rúa Río Anllóns, supuxo para os seus creadores os 150 euros do cuarto premio. Ademais, o xurado esgotou os 200 euros de accésits, que repartiu a partes iguais entre “O desembarco vikingo” da rúa Buxo e “O paisano da queiroa” do Sisto.
POLAR EXPRESS do Concurso de Cachelas do San Xoan de Carballo O PAISANO DA QUEIROA do San Xoan de Carballo El Piruli no Concurso de Cachelas de Carballo#DescensodoAnllóns
Aquí Belén os primeiros participantes no #DescensoDoAnllóns! Temos 16 carrilanas en carreira! Ánimo!!! pic.twitter.com/EgmBTF3fvi
— San Xoán Carballo (@FestasCarballo) 25 xuño 2017
O domingo foi o día do famoso descenso do Anllóns, na súa 20ª edición, outra das citas que enche de felicidade e risas a vila carballesa.
Foron 16 as participantes e o “Bat Móbil” acadou o premio á embarcación máis orixinal do Descenso do Anllóns, levando 300 dos 1375€ que se repartiron en premios. En segundo lugar clasificáronse “Os guerrilleiros”, que gañaron 200 euros, e os terceiros foron os membros do “Titanic do Anllóns”, que recibiron 125 euros. Ademais, o xurado decidiu outorgar un accésit de 50 euros ao “Nautilus do Anllóns” tamén no apartado de embarcacións orixinais.
Para “A Barca” houbo dobre galardón de 100 euros, xa que foi a carrilana acuática máis veloz e os seus membros tamén foron os mellores á hora de realizar as probas de habilidade, algunhas xa clásicas, como transportar un ovo durante todo o traxecto e entregalo san e salvo ou montar no touro mecánico, e outras que varían cada ano como foi nesta ocasión a de estoupar globos.
O primeiro premio á tripulación máis simpática, dotado con 200 euros, correspondeu ao “Hamvulatorio de Carvalho”, e o segundo, de 100 euros, foi para “A festa”. Tamén houbo dous accésits de 100 euros para “Anxos do Anllóns” e “Demos do Anllóns” pola súa simpatía.
O percorrido, como é costume, comezou na Ponte de Bértoa, onde se reuniu un gran número de persoas que foron acompañando ás embarcacións durante todo o traxecto ao longo do Bosque do Añón. No San Martiño, onde se celebraron algunhas das probas de habilidade, aumentou a concentración de público, pero foi no Parque do Anllóns, como é habitual, onde se produciu unha auténtica aglomeración para ver chegar aos participantes, que foron recibidos con batidos de chocolate e roupa seca para agardar o fallo do xurado. Desde a comisión de festas agradecemos a participación de todas e todos.
O Bat Móbil gañou un dos premios do Descenso do AnllónsNovas relacionadas
- Ángel Carracedo abríu o San Xoán do seu Bergantiños.
- O mundo cultural de Bergantiños lembrou a Paco Souto
- O San Xoán de Carballo terá dúas grandes fins de semana.
- Jimi Hendrix protagoniza o cartel do Rockin’ Carballo
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Concello de Carballo.