O FIOT afronta a recta final

08:12 27/10/16

O venres 28 de outubro, ás 21.00 h no Pazo da Cultura de Carballo, representarase “A Carta”, unha obra creada por Paolo Nani e Nullo Facchini en 1992, o mesmo ano no que naceu o FIOT. Convertido en éxito desde a súa estrea, este espectáculo foi interpretado en todo o mundo en preto de 1.000 ocasións.Fran Perea e Toni Acosta, en “La estupidez”

O sábado 29 de outubro, ás 20.00 h no mesmo lugar, será o turno para “La estupidez” da compañía Feelgood Teatro. Cinco virtuosos e famosos actores da escena española (Fran Perea, Toni Acosta, Ainhoa Santamaría, Javier Coll e Javier Márquez) representan unha hilarante road-movie en formato teatral, na que interpretan a 25 personaxes, nun prodixioso exercicio interpretativo e cunha posta en escena impecable.
Aínda que se trata dunha comedia trepidante, a súa é unha risa ácida, xa que representa de maneira grotesca e desmesurada a ambición e a cobiza, o valor absoluto dos cartos nunha sociedade fragmentada e subxace a fraxilidade da intelixencia nos tempos que corren. A obra, do premiado arxentino Rafael Spregelburd, recibiu o Tirso de Molina e foi representada en importantes teatro do mundo con éxito, sendo Carballo a súa primeira parada en Galicia.
Estrea e peche no Ciclo OTNI
Hoxe xoves 27 de outubro ás 21.00 h no Pazo da Cultura o VII Ciclo OTNI do FIOT concluirá coa estrea en Galicia da obra “Penev”, da compañía valenciana La Teta Calva Producciones.Recoñecido con diversos premios e finalista na última edición dos Premios Max como espectáculo revelación, trátase do primeiro traballo desta nova compañía. É unha obra sen artificios, aparentemente sinxela, que disecciona a vida a través dos obxectos e recordos dunha tenda de segunda man e que, con naturalidade, constrúe unha balada do fracaso no que non falta un fino sentido do humor.
Para este importante espectáculo aínda quedan entradas libres, que se poden mercar (3 €) na plataforma de televenda Ticketea.com ou no teléfono 902 044 226.
Concerto de Os Revenidos
En sustitución do espectáculo que IGMIG tiña previsto realizar na programación da Rúa dos Contos, este sábado 29 de outubro, ás 12 da noite, na sala Dublín de Carballo, actuarán Os Revenidos. Este grupo procedente de Arteixo intentará sacar un sorriso aos asistentes con versións en clave de humor de éxitos musicais de artistas tan variados como AC/DC, Beyoncé, Michael Jackson, Maná ou Enrique Iglesias.

Novas do FIOT
- FIOT 2016: Volven os bocados máis saborosos do FIOT
- FIOT 2016: A Rúa dos Contos chega con dezaseis espectáculos cargados de humor
- FIOT 2016: O Fiotiño ponse en marcha esta fin de semana coa “Noite branca no teatro”
- FIOT 2016: 34 espectáculos no menú das vodas de prata FIOT
- FIOT 2016: O FIOT celebra as vodas de prata en clave de humor.
- FIOT 2016: Miguel de Lira, Xograr de Outono do FIOT 2016.
- FIOT 2015: As cifras do FIOT: 10.000 espectadores, 99 actividades, 14 estreas para un 8 sobre 10.
- O FIOT entregou o Xograr de Outono a Susana Dans
- Carballo volve darlle un Bocado ao Teatro coa ruta de tapas e almorzos do FIOT
- A 24ª edición FIOT nunha exposición en Versión Orixinal.
- Fin de semana de estreas no FIOT.
- Xurxo Borrazás celebrou o Día do Teatro nos Premios María Casares.
- FIOT