Mércores. 03.06.2020
El tiempo

O furacán "Joaquín" é un dos protagonistas da #AxendaCostaDaMorte

O furacán "Joaquín" é un dos protagonistas da #AxendaCostaDaMorte
Axenda-Costa-da-Morte-9out   A punto de entrar na ponte do Pilar facemos un repaso ás festas e outras citas de carácter cultural que terán lugar en distintos puntos da Costa da Morte ao longo desta fin de semana algo máis longa do habitual.  A diversión está asegurada, pero segundo indica o parte metereolóxico de 4gotas.com recibiremos un convidado especial. "Esta fin de semana chegan a Galicia os restos do furacán "Joaquín". Dito así, semella que será a apocalipse, pero non hai que alarmarse xa que están convertidos nunha borrasca "normal" e malia que se situarán moi preto da comunidade non será preocupante. Deixará chuvia, e algo de vento, ainda que nada excepcional. Hoxe lucirá o sol e durante o día as temperaturas serán agradables. A noite, principalmente no interior da costa, será fresca. A medida que avance o día de mañá sábado achegaráse a borrasca a Galicia e aumentará o vento. Será vento do sueste e a partir do mediodía terá algún refacho forte entre Muros e Fisterra ademais de vir acompañado de chuvias. Xa o domingo, o día será chuvioso e con algo de vento (do sueste entre Muros e Fisterra e do leste entre Malpica e Muxía).  A borrasca alonxaráse de Galicia o luns deixando vento forte do nordés na zona norte da Costa da Morte (pero non debido a un anticiclón) e seguirá a acumular chuvias entre Muxía e Malpica (que remitirán ao mediodía), quedando o ceo repartido entre nubes e claros ao sur de Fisterra. Como a borrasca pasará tan preto de nós, calquera cambio no posicionamento exacto pode mudar o prognóstico".

Boas citas de interior

Condicións atmosféricas a parte, o  Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT)  énche unha boa parte da #AxendaCostaDaMorte que esta fin de semana chega con tres estreas e coa Rúa do Contos en plena actividade. Outras das ofertas para esta fin de semana veñen da man de varios locais da bisbarra. De feito, hoxe temos sesión dobre. Primeiro en Laxe, ás 23 horas, The Trío Galician Power Blues actuarán na Ventana. Un pouco máis tarde, ás 00:30 horas, a banda ceense Anakrusa toca  Pub Nerio da vila da Xunqueira. Xa mañá, sábado, Coso Carnóbrigo (banda de metal do país en galego do sur da bisbarra) actúan ás 23 horas no Bar da Praia en Carnota. E para o domingo, ás 12 horas, a artista "Mamen Bazarra" será a encargada de amenizar a sesión vermú no Woodstock Bar de Cee.

Festas

Os amigos do baile e das orquestas están de noraboa, xa que esta fin de semana teñen citas de grande importancia como Festas da Pilarica da Trabe, en Tella (Ponteceso). Tres días de festa (sábado, domingo e luns) co Combo Dominicano incluido. O porto do Sinal do Pindo-Quilmas-A Curra acolle tres días de festa (sábado, domingo e luns) na honra do San Cristo dos Pescadores e a Virxe de Fátima. Carballo tamén ten a súa festa da Pilarica (domingo e luns) con orquestas, charangas e carpa incluida.

Outras citas 

En Camariñas, ríndenlle este sábado unha homenaxe ás mulleres, ás 18:00 horas na casa de Pedra, coa proxección do documental "Costa das Mulleres". Tamén o sábado, ás 21:30 horas no auditorio de Baio, Santi Prego (actor de teatro, cine, televisión, dobraxe, títeres e contacontos) falará sobre os "Contos en rede" nun acto gratuito e aberto a todos os públicos. En Cee continúan co Mes da Fundación e mañá sábado é o turno de Quico Cadaval co seu monólogo "Pantasmas familiares". A cita é ás 21 horas na casa da Cultura ceense. A capela do Pilar de Corcubión acolle o sábado ás 20 horas, acolle a presentación da IX da refvista Thaumazein, da Universidade Cromática das Virtudes. O grupo de teatro Badius, de Baio, fará pasar un bo anaco a todos aqueles que o sábado se acheguen ata a casa da Cultura de Vimianzo coa súa obra Frankenstein. A cita é ás 21 horas.

Fonte

comentarios