Venres. 26.04.2024
El tiempo

O inverno recuperou a memoria de Cabana

O inverno recuperou a memoria de Cabana
Na mañá deste luns 28 de febreiro de 2011, o Alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño Domínguez, e o Concelleiro de Cultura, Perfecto Vázquez Lema, clausuraron a actividade Inverno da Memoria co que o departamento de Cultura, Educación e Normalización Lingüística rescataron o pasado das vellas escolas de Cabana de Bergantiños. Ambos, foron os encargados de entregar as pizarras-agasallo a aqueles docentes que pasaron polas aulas dalgunha escola de Cabana ou mesmo a aqueles que están na actualidade. A listaxe do día de hoxe foi a seguinte: Lidia Plana Galán (ex-profesora da Unitaria de Fontenla), María del Carmen Varela Abelenda (ex-profesora da Unitaria de Neaño), Isabel García Andrade (ex-profesora da Unitaria da Mata), Nuria Fiaño López (actual docente da Unitaria de Neaño), Sonia Ordóñez Blanco (profesora de Infantil no CPI As Revoltas) e María del Carmen Méndez García (profesora actual nas Revoltas e anterior mestra na Unitaria de Cundíns)

Pequenos e maiores

Ademais dos actos protocolarios, esta sesión de peche foi un tanto singular, respecto das celebradas con anterioridade. De 10,30 a 13,30 o alumnado do CRA Os Remuíños e de Infantil do CPI As Revoltas foron os verdadeiros protagonistas participando nas distintas actividades. Primeiro, visitaron a exposición Aula Histórica; despois, durante o recreo, degustaron de biscoitos mollados en chocolate; a continuación, visionaron a presentación das vellas escolas de Cabana; e, por último, tiveron tempo para unha sesión de xogos que foi desenvolta polo profesorado de Educación Física do CRA e das Revoltas no que tamén o alumnado das Revoltas exerceu de monitorado por un día. E para maior sorpresas de todos, un grupo de maiores do centro de día sumouse ós seus antigos recordos de escola. O alumnado tamén recibiu de man do Alcalde e do Concelleiro un agasallo consitente nun xogo de ió-ió conmemorativo do Inverno da Memoria.

Agradecementos

Por outra banda, desde o departamento de Cultura, Educación e Normalización Lingüística, na voz de Silvia Losada, fíxose público un agradecemento ó Alcalde e ó Concelleiro por asistiren a todos os actos celebrados deste Inverno da Memoria, á brigada de obras por axudar coas infraestruturas correspondentes, ós medios de comunicación por difundiren masivamente o evento, ós veciños e veciñas de Cabana de Bergantiños por achegaren material gráfico, á totalidade do profesorado de Cabana de Bergantiños (a todo o claustro do CRA Os Remuíños e do CPI As Revoltas) por colaboraren coa achega de material gráfico, por suxerirlle ós pais que colaborarse, por permitir o acceso ós seus arquivos así como tamén por participar co alumnado nas visitas á Aula Histórica. Como remate de xornada realizouse a interpretación musical da popular cancióndo "Pirimpimpín” entre todos os asistentes baixo a coordinación do profesor de música do CPI As Revoltas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Deportamente de Cultura e Educación do Concello de Cabana.

Comentarios