Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios

O Modesto Patrimonio: Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios
Muíño Hidraulico da Orotava-Foto-Modesto Garcia Quintáns Molino canario Muíño canario

Imos continuar falando dos muíños fariñeiros, neste caso querémolos comparar cos das Illas Canarias, máquinas que foron moi cotizadas en épocas pasadas. Os primitivos poboadores destas illas foron “Os Guanches”, entroncados cos bereberes do norte de África, que máis tarde, sobre o s.XVI, serían conquistados polos españois. Eran tribos dedicadas ao pastoreo e o cultivo dos cereais. Tostaban o gran (“gofio”) e triturábano cos muíños de man de pedra volcánica, semellantes os que usaron na nosa terra. Esta fariña, xunto coa carne, o leite e a auga, eran os seus alimentos diarios.

Ao contrario da nosa terra, en Canarias, o terreo é de composición volcánica, e ten moi poucas fontes, polo que abundaban os muíños de vento. Pero en Tenerife souberon aproveitar no século XVI un manancial coñecido como de Auguamansa para construír 13 muíños e un serradoiro ao longo dunha canle con forte pendente que máis tarde configuraría o eixe da cidade urbana de A Orotava. Esta cidade, de 41.500 habitantes, e declarada no seu conxunto como Histórica Artística Nacional, tivo moito que ver coa familia de Juan de Castro Bazo y Merino e Juana de Nieto, matrimonio rico que a partir do ano 1657 construíron a casa coñecida na actualidade como “A Casa dos Balcóns” e que agora está dedicada a museo.

Molino Hidraulico da Orotava-Foto-Modesto Garcia Quintans 2

A estrutura mecánica destes muíños era semellante aos da nosa terra, polo que pensamos que algún paisano galego emigrante ou conquistador introduciuno neste territorio. Trátase dun cubo cilíndrico de mampostería para almacenar a auga que co propio peso pasa pola “buxa” e fai xirar o rodicio que engrena coa moa asentada sobre o pé mediante unha peza metálica coñecida como “segurella”.

E que casualidade, moitos dos nomes destas pezas coinciden cos dos nosos muíños.

Na actualidade só se conservan dous deste muíños, os coñecidos como o de “Chano” e o da “Máquina”, que son movidos por motores eléctricos. O muíño, coñecido como o da “Máquina” foi construído por Juan Ponte no ano 1634, e o que lle segue pola mesma canle é o de Lercano ou del Hoyo. Antes de moer, o gran tostábase, traballo coñecido como “gofío” (voz guanche) e a fariña é moi aproveitada para a pastelería.

Museo Guanche-Foto-Modesto Garcia Quintans Museo Guanche-Foto-Modesto Garcia Quintáns
  • Modesto García Quintáns.
 

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios