Venres. 26.04.2024
El tiempo

O outono enche de citas a #AxendaCostadaMorte

O outono enche de citas a #AxendaCostadaMorte
axenda costa da morte 7 outubro 2016 O teatro volve a ser un dos principais protagonistas da #AxendadaCostadaMorte que xa entrou de pleno no outono. Carballo volve a converterse na capital do teatro grazas ao FIOT que chega máis forte ca nunca no se 25º aniversario. Ademais das artes escénicas, esta fin de semana tamén haberá conferencias, concertos, rastros solidarios e festas ao longo e ancho da Costa da Morte. Pero coma sempre, antes de nada, traemos o exclusivo parte costeiro, que nos manda 4gotas.com: O tempo virá primaveral na fin de semana e como dis, o cambio climático pode estar detrás deste tempo. Contámolo na nosa web
Nesta finde, agás o venres e só pola mañá predominarán os ceos despexados. Nos arredores de Malpica teremos máis nubes o sábado, pero en xeral ceos azuis e vento do nordés, que por momentos soprará moderado.
Temperaturas frescas o venres, o sábado subirán 1-2 graos entre Fisterra e Muros e o domingo esa mesma subida ocorrerá en toda a Costa, polo que o domingo nese litoral sur falaremos de máximas aorredor dos 23 graos, polo que no mediodía e primeira hora da tarde veremos a xente na praia.
Continía o sol o luns e atentos á evolución do tempo na web a partir do martes.
FIOT 2016 O teatro, as risas e a gastronomía serán os principais protagonistas desta fin de semana en Carballo con motivo do Festival Internacional Outono de Teatro – FIOT – .
  • O auditorio da casa da Cultura de Carballo acolle hoxe a preestrea da obra "Iván Off" de La Casa de la Portera. A función comeza ás 21 horas e o custe da entrada é de 10€.
  • Tamén hoxe, a partir das 23:30 horas, o bar A Barra acolle o peculiar concerto de "Píscore". A entrada é de balde.
  • A Rúa dos Contos volve mañá a Carballo con dúas sesións. A primeria será dobre coa actuación de Rafael Maza (ás 21 horas) e a continuación será o turno de Ricki López (ás 22:30 horas). O custo das dúas sesións é de 5€ e será no segundo andar do mercado municipal. Un pouco máis tarde, a partir da media noite, a Rúa dos Contos trasládase á cervexaría Dublín con Igmig. O custo da entrada é de 3€.
  • A programación de sala volve o domingo, día 9, coa obra "Rinconete y Cortadillo" de Sexpeare Teatro. A función será ás 21 horas no auditorio do pazo da Cultura e o custe da entrada é de 7€.
  Mes da Fundación
  • Cee. Mar Llinares García – doutora en Xeografía e Historia pola USC – ofrecerá mañá, ás 20:30 horas na casa da Cultura de Cee, unha conferencia sobre  “Os outros habitantes de Galicia: mouros e mouras na Costa da Morte”. A charla está organizada pola Fundación Fernando Blanco de Cee con motivo do Mes da Fundación.
Teatro e monólogos Festas
  • En Cereo (Coristanco) celebran esta fin de semana as festas do Rosario. Mañá haberá verbena co grupo Nueva Fuerza e coa disco móbil CDC. O domingo será o turno do dúo Libertad que actuará durante a sesión vermú.
  • A parroquia camariñana de Arou estará mañá de festa no honra de san Roque. Ademais dos actos relixiosos haberá sesión vermú e verbena amenizada pola orquesta Escaparate e o a disco móbil Impacto.
Concertos Exposicións e outras citas Fonte

Comentarios