O Parlamento celebra o 7 de febreiro como o Día dos Medios en Galego


Día importante para os que formamos parte da Asociación de Medios en Galego. Gracias á iniciativa da AMEGA, vén de instaurarse o 7 de febreiro como o Día dos Medios en Galego. Xa o celebraron cunha comprometida Gala do Día dos Medios en Galego, celebrada en Fene o pasado sábado.
E onde mellor que facelo este mesmo día 7 que no Parlamento Galego, onde todos os grupos políticos da Cámara galega apoiaron a importancia que teñen hoxe en día os medios en galego polo seu compromiso "coa realidade e orgullo polo propio" iniciado no Rexurdimento. Tod os grupos apoiaron a declaración institucional a favor da celebración do 7 de febreiro como o Día dos Medios en Galego. Unha data que lembra a saída á rúa do primeiro número de O Tío Marcos d'a Portela, hai 142 anos en Ourense.
”Desde o coñecemento e reivindicación desta longa tradición do xornalismo na nosa lingua, consideramos que o 7 de febreiro, Dia dos Medios en Galego, é unha boa ocasión para visibilizar os medios de comunicación que utilizan a lingua galega e poñen o foco na realidade do país", recolle o documento aprobado."Apoiándoos estaremos avanzando no camiño de compromiso coa nosa realidade e orgullo polo propio iniciado no Rexurdimento", engade ao tempo que lle pide ao conxunto da sociedade civil que se sume a esta conmemoración.
Esta xornada serve para visibilizar os medios de comunicación que utilizan a lingua galega e poñen o foco na realidade do pais. De feito, a Cámara galega anima aos poderes públicos a contribuír ao recoñecemento institucional daquelas iniciativas pioneiras "que procuraban a toma de conciencia dos problemas do país e reflexionaban na busca de solucións”.
Un pouco de historia
O Tío Marcos d'a Portela foi foi a primeira publicación escrita integramente en idioma galego. Subtitulada “Parrafeos co pobo galego” e impulsada por Valentín Lamas Carvajal, conseguiu un notable éxito, chegando a vender 4.000 exemplares nunha comunidade que daquela contaba con altos niveis de analfabetismo.
A AMEGA a día de hoxe

Novas relacionadsa
- Febreiro 18: O Día dos Medios en Galego, un antes e un despois para os medios galegos.
- Febreiro 18: O 7 de febreiro, Día dos Medios en Galego.
Máis novas
- Maio 2017: Un día do galego para os medios en español.
- QPC, exemplo dos micromedios que collen pulo na Internet galega.
- Os Medios en Galego reivindican no Culturgal a trasparencia nas axudas públicas.
- AMEGA denuncia a exclusión de medios en galego das axudas institucionais.
- Construíndo o futuro dos medios en galego.
- A Amega denuncia a política de publicidade institucional da Xunta ante expertos europeos.
- A Asociación de Medios en Galego reclama máis transparencia cunha proposta de Lei de Publicidade Institucional.
- A AMEGA, en contra da devastación dos nosos montes.
- A Xunta comprométese a traballar coa Asociación de Medios en Galego.
- Un bo ano para os medios en galego.
- A Asociación de Medios en Galego presentouse aos catro Grupos Parlamentares.
- 17 de maio: A Xunta “pasa” do galego.
- En marcha a Asociación de Medios en Galego con participación costeira.
- Nace a Asociación de Medios en Galego coa presencia de QPC.