Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Pazo da Cultura e os bares abren as portas do FIOT

O Pazo da Cultura e os bares abren as portas do FIOT
La Tristura no FIOT 2018 La Tristura inaugura a programación de Sala do FIOT 2018 Dalle un Bocado ao FIOT 2018 A porta do FIOT ábrese esta fin de semana. O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo comeza ca programación de sala ao tempo que abre a proposta Dalle un Bocado ao FIOT, despois dunha primeira fin de semana de risas cos espectáculos da Rúa dos Contos. Ademais, a Noite Branca do FIOTIÑO será outro dos puntos fortes desta fin de semana O domingo día 7 de outubro ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, o FIOT arrincará as sesións do teatro de sala. A compañía madrileña La Tristura estreará en Galicia a obra “Future Lovers ”, unha das obras máis "millenial" do programa.

Rúa dos contos e Teatro de Rúa

O venres haberá dúas sesións da Rúa dos Contos, na Cervexaría Ágora ás 21.00 horas, con Lois Pérez e ás 23:00 con Cándido Pazó, na Cafetería Valle Inclán. O sábado 6 de outubro terá lugar unha nova sesión de Teatro de Rúa, será ás 20.00 horas na Praza do Concello, co grupo circense Erori. O sábado tamén terá lugar unha actuación no Mercado Municipal, ás 21.30 horas o dúo arxentino Sutottos ofrecerá “Inestable”. Para completar o sábado, ás 0:00h las Antonias no Pub O Patacón, onde ás 00.00 horas e para pechar a fin de semana, monólogo na sesión vermú dominical, ás 13.00 horas na Cervexaría A Bombonera a cargo de La Mosca Valiente, que substitúen aos madrileños Chanson Mormon dadp que un dos seus compoñentes debe permanecer inmobilizado debido a un accidente de tráfico.

Noite branca: O FIOTIÑO

Os máis pequenos tamén teñon o seu propio programa: O FIOTIÑO. Unha experiencia dende para que nenos e nenas de 6 a 12 anos poidan coñecer o teatro por dentro. Será como un minicampamento, con obradoiros e memo crearán unha pequena obra de teatro. Novas relacionadas “O FIOT recibe o premio da Cultura Galega de Artes Escénicas” — Que pasa na costa “41 espectáculos reforzan unha edición do FIOT moi “millennial”” — Que pasa na costa

Comentarios