Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O programa Apego abre o prazo de inscricións para as primeiras actividades do ano

O programa Apego abre o prazo de inscricións para as primeiras actividades do ano
babycontos-apego-carballo Tótem trae o 23 de xaneiro o seu espectáculos "Babycontos" á biblioteca Rego da Balsa Despois do Nadal, e co comezo do novo ano, volve unha nova programación de actividades do proxecto Apego, a correspondente ao Inverno de 2018, que, coma sempre, incluirá actividades de dinamización para nenas e nenos, con música, contacontos, obradoiros, etc., e tamén actividades formativas e informativas dirixidas a nais e pais, organizadas desde diversos departamentos do concello de Carballo, como o Servizo de Normalización Lingüística, o Departamento de Cultura, a Biblioteca ou a Ludoteca. E, aínda que o programa completo farase público na vindeira semana, xa está aberto o prazo de inscrición para as primeiras actividades. A primeira delas é Babycontos, unha sesión de contos para bebés desenvolvido por Tótem e que terá lugar o martes 23, ás 17:30 horas, na Biblioteca Rego da Balsa. Nesta sesión poden participar un máximo de 10 bebés de 0 a 3 anos, e que se poden inscribir xa, de balde, na propia Biblioteca, no teléfono 981 758 580, achegando os nomes, idade e teléfono de contacto. Para a admisión respectarase a orde de inscrición. A outra das actividades para bebés é Fíos do querer, un espectáculo-obradoiro musical de Cé Orquestra Pantasma para xogar, cantar e bailar cos nenos e as nenas de colo, e que terá lugar o xoves 25, ás 18.00 h, no Pazo da Cultura, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística. Nela poden participar un máximo de 75 nenos/as de 0 a 3 anos, que se deben inscribir, de balde, no Servizo de Normalización Lingüística, no enderezo electrónico [email protected], achegando os datos do/a bebé (nome, apelidos e idade) e da persoa acompañante (nome, apelidos e datos de contacto). Entre estas dúas actividades terá lugar tamén, o mércores 24, o contacontos teatral de Trinketrinke As illas do tesouro, na Biblioteca Rego da Balsa, en dúas sesións, ás 17:00 horas e ás 18:30 horas, mais para esta actividade xa están os convites esgotados. Máis información Novas relacionadas

Fonte

Comentarios