O sol e a música aderezan a #AxendaCostadaMorte
07:15 25/11/16
Novembro despídese da #AxendaCostadaMorte cunha gran variedade de citas para todos os gustos. Os amantes da música teñen citas en Carballo e en Cee co gallo da celebración de Santa Cecilia, tamén hai unha boa oferta de artes escénicas en distintos puntos da comarca e, como sempre, non faltan as citas gastronómicas. O tempo será un ingrediente que anime a saír xa que, segundo o parte costeiro de 4gotas.com a fin de semana será seca e con moito sol.
Hoxe xa amencerá con sol ainda que chegará algunha nube ao sur da Costa da Morte que non debería deixar auga. O sábado será un día de sol tamén. Malia a iso, ou mellor dito, por culpa diso, as noites serán frías (as de toda a finde). Pola contra, subirán as temperaturas diurnas con máximas por riba dos 15 graos. O domingo con Nord´ds veremos algunha nube no norte da Costa da Morte ainda que en xeral será un día de sol con frío na mañá e sensación térmica agradable no mediodía.
Teatro
- Carlos Blanco e Luís Dávila traen hoxe á casa da Cultura de Vimianzo o seu "Menú da Fala" no marco da programación do DAC Outono Cultural da Deputación. A cita é ás 21:30 horas e a entrada é de balde.
- A XII Mostra de Teatro continúa esta hoxe no centro Cívico de Malpica coa obra "Luppo" de Baobab Teatro. O espectáculo, que está dirixido ao público familiar, comeza ás 20:30 horas. Esta obra recibiu o premio ao Mellor Espectáculo Infantil na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo 2015 e Candidato aos Premios Max 2016 na categoría de “Mellor Autoría Teatral”.
- A compañía Teatro Proscrito pecha maña o II ciclo de teatro coa súa obra "Habemus Mama". A función comeza ás 22 horas no edificio Multiusos de Santa Comba.
- A XXIII edición do ciclo de teatro de Ponteceso chega mañá ao seu fin coa obra "Presidente" de Teatro do Morcego. A cita comeza ás 22:30 horas no salón de actos do edificio das escolas.
- A casa da Cultura da Picota acolle este domingo ás 17 horas a obra de teatro "As Fillas Bravas" de Chévere.
- 1ª ruta da filloa e Venres Nejro en Baio. Hoxe e mañá os comercios e os hostaleiros de Baio únense para ofrecer descontos e unha ruta de filloas a 1€/unidade que completan a oferta.
- Os restaurantes de Vimianzo continúan promocionando os protuctos deste tempo co programa Vimianzo Gastronómico. Son varios os establecementos os que que ofrecen un menú específico a un prezo reducido.
- O centro EFA Fonteboa de Coristanco celebra mañá o IV Xantar Solidadio "O cocido dos nosos lares" a favor de Cáritas Interparroquial de Bergantiños e Solidariedade Internacional de AIMFR
- A asociación cultural Adro de Baio celebra mañá un magosto nas escolas Agra de Regueiro. A partir das 19 horas haberá actividades infantís e ás 21:30 horas actuarán os Campantes da Baña. Repartiranse castañas e viño gratis entre os socios e haberá carpa.
- A xente do Couto prepara un magosto musical na Agra de Mares para mañá sábado.
- En Santa Catalina, Santa Comba, honran hoxe á súa patroa cunha gran churrascada a partir das 21 horas que estará amenizada polo trío Élite.
- O programa musical do mes de novembro do concello de Carballo enche de música o Pazo da Cultura. Hoxe, ás 21 horas, terá lugar "Invención", de Odaiko; un divertido concerto teatralizado de virtuosos percusionistas. Mañá haberá un concerto de corais na honra de santa Cecilia, a patroa dos músicos. E xa o domingo, ás 18 horas, Pitusa Semifusa, ofrece un espectáculo musical infantil.
- O grupo Talabarte presenta mañá na casa da Cultura de Vimianzo, ás 21:30 horas, o seu último traballo: Fake. Esta é unha actividade que enmarca dentro da programación cultural do concello vimiancés.
- A casa da Cultura de Cee acolle mañá un espectáculo de tango dentro do programa Novembro. Mes da Música. A cita comeza ás 20:15 horas e o custe da entrada xeral é de 2,5€ e a bonificada é de 1,5€.
- Senda Nova pecha este domingo o 5º Outono en Marcha coa Ruta das Férvedas. A través dun percorrido de 15 quilómetros por distintos puntos do concello de Carballo, os camiñantes descubrirán a riqueza ambiental da zona.
- O faro Vilán acolle ata o 23 de decembro unha exposición de pintura da pintora local María Dolores Barcia. O horario de visita é de 11 a 14 horas e de 15:30 a 2o horas.
- A tenda turística Stoupa de Cee acolle durante este mes unha peculiar exposición de pezas de cartón pedra creadas por Carmen Armendáriz e Quico Guillán, do taller carnotán “Charamusca”. A exposición pode visitarse durante todo o mes en Stoupa (situada na rúa Campo do Sacramento, 23, Cee) de martes a sábado de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas. Tamén os domingos de 11 a 14 horas.
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, poderanse visitar os venres, sábados e domingos de 11 a 19 horas.
- O salón de actos do IES de Ponteceso acolle esta notie, ás 20:15 horas, unha charla sobra a prevención de lesións ante a práctica deportiva impartida por Eva Senande. A actividade está organizada pola agrupación Abellariza.
- Os adolescentes de Vimianzo teñen esta noite outra cita co Noiteando. Nesta ocas
- A a
- Co gal
- Redacción QPC ([email protected])