mércores. 14.05.2025
El tiempo

O teatro, a música e a gastronomía invanden a #AxendaCostadaMorte

O teatro, a música e a gastronomía invanden a #AxendaCostadaMorte
axenda-costa-da-morte-21-outubro-2016 Segundo indican dende 4gotas.com a fin de semana presentase 100% outonal, climatoloxicamente falando. Así que o tempo será propio para desfrutar das citas teatrais, dos concentros e da gastronomía propia desta época. Unha borrasca achegarase moito a Galicia durante hoxe e mañá e deixará deixar chuvias en toda a Costa da Morte que se repetirán o domingo. A zona máis afectada será o litoral entre Fisterra e Muros e as zonas altas do interior - Vimianzo, Santa Comba, Mazaricos -. Tanto o mañá pola tarde, como sobre todo de noite e madrugada acumularanse importantes cantidades de auga. O domingo caerán chaparróns puntualmente intensos. Canto máis preto de Malpica menos chuvias o domingo. Hoxe o día será tranquilo e lucirá o sol ata o final do día cando cheguen as nubes asociadas a esa borrasca. FIOT 2016 Segue o Festival Internacional Outono de Teatro – FIOT –  traendo unha interesante proposta cultural a Carballo. Ademais, dentro da programación inclúese unha parte máis gastrónimoca; os “Bocados do FIOT” no que 14 establecementos ofrecen unhas tapas especiais durante os días de programación en sala.
  • Programación en sala. O auditorio do Pazo da Cultura acolle esta fin de semana tres funcións. A primeira será hoxe, ás 21 horas, e correrá a cargo do grupo Chévere que interpretará a súa obra máis recente; "Eroski Paraíso". Mañá será o truo de Metatarso Produciones que estrea en Galicia "Sueño de una noche de verano". E xa o domingo a función correrá a cargo de Ron Lalá e Compañía Nacional de Teatro Clásico que farán unha homenaxe ao autor de El Quijote con "Cervantina".
  • Esta fin de semana tamén arranca o VII ciclo OTNI - Obxecto Teatral Non Identificado - que se enmarca dentro do FIOT. Diso encargárase a compañía catala Laitum Teatre que ofrecerá o seu espectáculo Micro-Shakespeare de 17:30 a 20:30 horas no vestíbulo do Pazo da Cultura. O acceso é gratuíto e está dirixido a todos os públicos.
Mes da Fundación
  • Cee. Segue o Mes da Fundación Fernando Blanco traendo actividades. Mañá toca doble cita. Ás 19 horas terá lugar a habitual ofrenda floral e misa na horna do mecenas no IES Fernando Blanco. E de seguido, xa na Casa da Cultura a partir das 20:30 horas, o doutor Alfonso Mariño Cotelo - director médico do centro Oncolóxico de Galicia - ofrecerá unha conferencia sobre a prevención e innovación no cancro.
Teatro e monólogos
  • Esta noite continúa o 2º ciclo de monólogos RíXallas 2016. Será o turno de Cándido Pazó que traerá o seu espectáculo "Decamerón". Comeza ás 22 horas no edificios multiusos de Santa Comba e a entrada é de balde.
  • O audiotorio da casa da Cultura de Vimianzo acolle mañá o espectáculo "Falar sen Cancelas" de Culturactiva intepretado por Isa Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz. A función comeza ás 21:30 horas e o custe da entrada é de 2,5€ (1,25€ para maiores de 65 anos, estudantes e parados).
  • Tralo éxito da estrea no FIOT, mañá chega a Muros a obra "O Tolleito de Inishmaan" da compañía de teatro profesional galega Contraproducións. A citá é ás 21:30 horas no auditorio do centro cultural da vila e o custa da entrada é de 3,5€.
  • O polifacético humorista Isi ofrece mañá un monólogo na casa de Pedra de Camariñas. A cita comeza ás 21 horas e o custe da entrada é de 3€.
  • A escola de teatro de Santa Comba presenta o domingo a súa obra "Encontros" dentro da X mostra de Outono de Teatro de Laxe. A función comeza ás 19 horas no salón de actos da vila.
  • Os máis pequenos teñen o domingo unha cita co "Outono Rebulideiro" posto en marcha polo concello de Vimianzo. Terán a oportunidade de ver o espectáculo infantil "Tita" da compañía de teatro Babaluva. A cita é ás 18 horas na casa da cultura.
Concertos
  • O patio do Castelo de Vimianzo acolle esta noite - a partir das 21 horas - un concerto de música barroca. A entrada é de balde.
  • O santuario da Virxe da Barca de Muxía acolle o domingo - ás 19 horas - un concerto de Amancio Prada.
  • O pub Bridge da Ponte da Porto acolle mañá - a partir das 23:45 horas - o concetro de Versus.
Exposicións 
  • O centro cívico de Malpica acolle durante todo o mes de outubro a exposición fotográfica de Marcos Rodríguez  “Asunción, María e José”. Cada unha das fotos conta unha historia vital, que invita a viaxar no tempo, sentir o calor da lareira, o peso das zocas nas lameiras, o suor tras unha dura xornada de traballo na leira…
  • Esta exposición compartirá espazo coa mostra fotográfica sobre as Misións Pedagóxicas que chegaron a Malpica un 20 de outubro de 1933.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, poderanse visitar os venres, sábados e domingos de 11 a 19 horas.
Outras citas
  • Hoxe arranca o programa Vimianzo Gastronómico. Varios restaurantes da vila ofrecerán por 20€ por persoa menús degustación con productos propios da época e da zona.
  • Os adolescentes de Vimianzo teñen hoxe outra cita co Noiteando.  O concello propóponlle unha alternativa de ocio cun Cocido lingüístico: Enjoy it!. Será entre as 21 e as 23 horas na casa da Cultura da vila.
  • En Malpica conmemora o 83º aniversario das Misións Pedagóxicas. Ademáis dunha mostra fotográfica que se pode ver no centro Cívico ata o día 31, mañá haberá pasarrúas, teatro e un magosto popular na praza Anselmo Villar Amigo a partir das 17 horas.
  • Anxo Pérez preseta mañá na súa vila - Fisterra - o novo libro “La inteligencia del éxito”. A cita é ás 19 horas na igrexa Santa María das Areas.
  • O pavillón municipal de Cee acolle hoxe e mañá a VIII edición da feira de Oportunidades de Cee.
  • Esto domingo ponse en marcha a quinta edición do Outono en Marcha de Senda Nova. Percorrerán a "Senda das Capelas" de A Laracha.
Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios