Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O teatro, as festas e o bo tempo chegan á #AxendaCostadaMorte

O teatro, as festas e o bo tempo chegan á #AxendaCostadaMorte
Chega unha nova fin de semana cargada de actividades na Costa da Morte. Antes de debullar as principais citas da #axenda dámoslle un vistazo ao parte costeiro da man de Meteogalicia.

Parte meteoróxico

Continuamos cun tempo agradable marcado polas boas temperaturas cunha fin de semana con poucos cambios. Hoxe amencerá con algunha que outra néboa sobre todo nas vilas máis próximas ao mar. Ao longo do día, as nubes irán desaparecendo para darlle paso a un ceo soleado. As temperaturas máximas oscilarán entre os 16 e 18º nas vilas costeiras e ao redor do 20º no interior da Costa da Morte. Xa mañá, sábado, o día abrirá cun ceo despesaxado e cunha lixeira subida de temperaturas que poden chegar até os 20º. Os cambios chegarán o domingo coa entrada de vento do norte que se deixará notar en toda a comarca cun ambiente máis fresco e cun ceo máis gris. Ainda así non se agardan choivas polo que a fin de semana invitará a desfrutar ao aire libre.

Showroom Laxe

  • A Torre de Laxe acolle este domimgo, de 10:30 a 19:00, un showroom no que participan varias empresas galegas do mundo da voda.

Teatro

  • Primavera en Danza. “Primavera en Danza” volve este sábado ao Pazo da Cultura de Carballo cun espectáculo de María Move que leva por título "Toda a beleza do mundo". As entradas poden conseguirse a través de www.ticketea.com, no teléfono 902 044 226 ou o día da función na billeteira do Pazo da Cultura desde 90 minutos antes do inicio.
  • Leo Basi en Vimianzo. Un dos cómicos máis famosos do mundo, Leo Bassi, trae este sábado á casa da Cultura de Vimianzo o seu espectáculo “El último bufón”. A actuación comeza ás 21:30 horas e entrada ten un custe de 5€ e hai descontos para maiores de 65 anos e estudantes.
  • Teatro en Zas. Este sábado, comeza a III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” organizada polo Concello de Zas. A obra finalista, que inaugura a Mostra é “O5 CO2NO5 50N COU54 D€ 3”, do Grupo de Teatro Tiruleque (O Carballiño); unha comedia para toda a familia. A cita é ás 21:00h no Auditorio de Zas e a entrada é de balde.
  • Títeres en Dumbría. Este sábado, ás 17:30 horas, o Conco acolle o espectáculo de títeres "A festa de Barriga Verde" no marco cun completo programa cultural bautizado como +Q LIBROS.
  • Maxia en Camelle. Mañá os Traskis compartirán unha velada a base de churrasco e co gran mago Deimi na Molinera.

Festas

  • Festa da Xuventude de Artes, en Carballo. As orquestas Metrópolis e Cinema xunto coa disco móvil CDC amenizarán hoxe a I Festa da Xuventude de Artes.
  • Festa de San Marcos en Corcubión. En Corcubión celebran mañá as festas de San Marcos cunha verbena a cargo das orquestas América de Vigo e Trébol. O mércores, día 25, haberá actos litúrxicos.
  • Festas en Camariñas. Mañá arrincan en Camariñas catro días de festa na honra a san Xurxo. Catro días cargados de música.

Sendeirismo

  • Andaina por Dumbría. As Andainas Costa da Morte percorren este sábado o río Alvarellos, ao seu paso por Dumbría.
  • Primavera en Ruta de Senda Nova. Este domingo, Senda Nova comprobará “A forza do río Chonia”, en terras de Trazo, no que é a segunda saída dentro da Primavera en Ruta.

Outras citas

  • Ruta de Tapas en Santa Comba. Nove establecementos da vila xalleira compartirán a súas mellores tapas por 1€ con cada consumición, na que xa é a VIII Ruta das Tapas. 
  • Poesía&Pezas en Cee. Álex López e Un Calquera traen este sábado ao RockCorner de Cee un espectáculo de Poesía&Pezas. A cita comeza ás 23:00 horas.
  • Foliada en Vimianzo. O bar a A Lareira acolle este sábado a súa primeira foliada. O baile comeza a partir das 22:00 horas.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Ademais ata o mes de abril hai unha exposición de Esther Ferreiro.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos  (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha Mostra de Traxe Tradicional, e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

Máis información

Fonte

Comentarios