O teatro e as exposición nutren a #AxendaCostadaMorte

07:15 10/02/17

- O pazo da Cultura de Carballo acolle hoxe a segunda cita do programa dos “Venres culturais”. O espectáculo, que nesta ocasión é musical, correrá a cargo de Caxade que presenta o seu terceiro traballo "E isto é o amor". O concerto comeza ás 21 horas e o custe da entrada é de 3€ e 2€ con desconto.
- Federico Pérez ofrece mañá un monólogo na casa da Cultura de Vimianzo. Esta é unha das actividades que se enmarcan dentro da programación cultural do concello vimiancés. O custe da entrada é de 3,5€ (1,75€ para estudantes e maiores de 65 anos).
- A compañía Sarabela Teatro trae este sábado a Muros a súa obra “Normas para saber vivir na sociedade actual”. A función comeza ás 21:30 horas no auditorio do centro Cultural de Muros.
- Teatro en familia en Carballo. Xa o domingo, Sarabela Teatro representa no pazo da Cultura carballés a obra "O secuestro da biblioteca". Un espectáculo para toda a familia que se enmarca dentro da programación dos "Venres culturais". Comeza ás 18 horas.
- O pazo da Cultura de Carballo acolle ata o vindeiro domingo 19 de febreiro a exposición “Un mar de sensacións”. Chiña e Mon Lendoiro recompilaron os poemas publicados polo Semescom no ano 2012 para darlles forma plástica. Hoxe, ás 20:30 horas terá lugar o acto de inauguración. A mostra pode verse todos os días en horario de 17 a 21 horas.
- A casa de Man de Camelle acolle unha exposición de pintura naval. Baixo o título “Costa da Morte. Naufragios” Rosa Pereda e Rafael Lema recuperan as historias dos naufraxios máis importantes acontecidos nas augas da bisbarra. A inauguración terá lugar mañá sábado ás 12 horas.
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados e domingos de 11 a 19 horas. Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- O faro Vilán acolle ata o 26 de febreiro a exposición “Casa de Luz, grabados” de Mariano Castillo. Pode visitarse en horaio de 11 a 14 e de 16 a 18:3o horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
- Concerto en Fisterra. A mítica banda Vavar actúa hoxe, a partir da media noite, no Boulevard de Fisterra. A entrada é de balde.
- Faladoiro en Ponteceso. O ornitólogo José Luis Rabuñal Patiño ofrece hoxe, ás 20 horas, un faladoiro na biblioteca municipal de Ponteceso.
- Curso en Laxe. O xefe de servizos do centro superior de Hostelería de Galicia, Ángel Benavente imparte hoxe ás 17 horas un curso de formación baixo o título "A excelencia na atenciónó cliente".
- Conferencia en Laxe. Dentro do "Febreiro gastronómico" o xornalista José Manuel Orriols imparte mañá, ás 19 horas, unha charla sobre a gastronomía tradicional de Laxe.
- Redacción QPC ([email protected])