Martes. 26.05.2020
El tiempo

O tempo volve a ser o protagonista da #AxendaCostadaMorte

O tempo volve a ser o protagonista da #AxendaCostadaMorte
axenda costa da morte 1 abril Co bo sabor de boca que deixou a completa #axendaCostasdaMorte da Semana Santa, chega unha nova fin de semana moito máis tranquila en canto ás citas co ocio se refire. Tal e como o indica o parte costeiro de 4gotas.com, o tempo volve a ser o protagonista dos vindeiros días. "A situación atmosférica tranquilizouse tras un martes e mércores máis que chuviosos - 180 l/m2 en Carballo, 150 en Zas e Vimianzo, 100 en Camariñas e Malpica nesas 48h -; polo que hoxe será un día moi tranquilo. A medida que pasa o día irán chegando nubes a costa entre Fisterra e Carnota e acabarán predominando nese litoral, mentres que no resto predominará o sol. Subirán as temperaturas polo que será un día moi agradable, agás nese litoral. Mais o anticiclón non aguantará o empuxe dunha nova borrasca e volverán as chuvias. Iso si, non terán nada que ver coas do martes e mércores.  Choverá xa na mañá do sábado en toda a costa - nos arredores de Malpica moi pouco -. Ao mediodía intensificaranse as choivas e soprará forte o vento do sur. É moi posible que non chova e cese o vento na tarde e noite do sábado, para volver as chuvias e o vento do sudoeste na madrugada. O domingo será un día chuvioso, pero non choverá de xeito persistente, se non que o fará por momentos, con raiolas de sol entre chaparrón e chaparrón. De cara a noite do domingo arreciará o vento do suroeste e intensificaranse as chuvias". Citas culturais Verbeneo Concertos Exposicións

comentarios