Luns. 14.10.2024
El tiempo

O verán de San Martiño carga de actividades a #AxendaCostadaMorte

O verán de San Martiño carga de actividades a #AxendaCostadaMorte
axenda-13novembro A #AxendaCostadaMorte desta fin de semana trae un pouco de todo; festas de san Martiño, concertos, micoloxía, sendeirismo, teatro,... e magostos con foliadas incluídas. O mellor de todo é que segundo nos indican dende 4gotas.com temos boas novas meteorolóxicas. "Tocan boas novas. Ou non, xa que hai xente agarda que veña pronto a choiva e o frío... Pero terán que agardar. A fin de semana virá anticiclónica, ainda que iso non sempre é sinónimo de sol.  Hoxe unha moi desfeita achegarase ata Galicia deixando "4gotas" ;) na Costa da Morte durante a madrugada. A medida que avance a mañá gañarán paso os claros e as nubes afastaranse, especialmente da metade sur (entre Fisterra e Muros).  Mañá sábado será un día de sol en toda a bisbarra con temperaturas máximas arredor dos 20ºC. Xa pola noite, sobre todo no interior, as temperaturas baixarán. O domingo tamén amencerá con ceos azuis e a partir do mediodía é moi posible que aumenten as nubes na zona de Fisterra e na tarde, entre Muros e Fisterra predominen as nubes, quedando os ceos azuis canto máis preto de Malpica. Así, que... a aproveitar o verán de san Martiño que o martes chegan as choivas". MAGOSTO
  • O restaurante Praia de Quenxe de Corcubión ten todo preparado para o magosto con foliada de hoxe que xa comeza a partir das 13:00h. O grupo Brasas porá a música, e quen se queira unir que leve instrumento.
Xa o sábado a festa da castaña amplíase a Baio e a Vimianzo.
  • Obradoiros de cabazas e de cociña, xogos tradicionais e unha foliada con grupos da Costa da Morte acompañan o magosto de Baio que este ano se celebra nas escolas Agra Regueiro (ou tamén coñecidas como as escolas vellas). A cita, organizada pola asociación cultural Adro, comeza a partir das 19 horas. Durante a festa sortearanse varios premios.
  • A asociación Axvalso organiza un magosto na praza do concello de Vimianzo que comezará a partir das 18 horas. A maiores das tradicionais castañas que serán gratis, os asistentes poderán comer callos, bolos preñados e bebidas variadas por 5 euros.
TEATRO
  • En Santa Comba continúan hoxe, a partir das 18 horas, co seu I ciclo de Teatro da man da compañía Caramuxo que trae a súa obra infantil “As Fabas Máxicas”. Multiusos
  • Ponteceso continúa o sábado co seu XXII Ciclo de Teatro. Nesta ocasión, Malasombra Produccións interpretará a súa obra "DEP". Os que queiran pasar un anaco divertido teñen que achegarse ás 22:30 horas ata o edificio das Escolas.
  • Tamén o sábado, ás 21:30 horas, o centro cultural e xuvenil de Muros acolle a divertida comedia "O Furancho" da compañía Ibuprofeno Teatro. Esta obra, que foi creada con motivo do día da muller, está representada polas actrices Marián Bañobre e Isabel Risco e quere reflexionar sobre os temas de xénero
  • Este domingo chega ao seu fin a IX Mostra de Outono de Teatro de Laxe coa obra de teatro "Que fastidio de día" da man de Ulloín (A Ulloa). O espectáculo, para todos os públicos, comeza ás 19 horas no Salón de Actos do concello.
FESTAS DO SAN MARTIÑO MICOLOXÍA EN LIRA O Albergue de Lira Portaventosa, coa colaboración do colectivo A Estrada Micolóxica e Marmeladas Meigamoura, acolle o sábado, 14 de novembro, unha xornada de introdución á micoloxía na que as persoas participantes tamén poderán realizar a súa propia marmelada de cogomelos. A xornada comezará ás 10.30 da mañá cunha charla introdutoria a cargo de Merche Nodar e continuará cunha saída de campo pola contorna de Carnota. Se o tempo o permite a comida será no campo. Xa pola tarde, a partir das 17,30 h, realizarase nas instalacións do albergue unha posta en común das diferentes especies de cogomelos atopados durante a saída de campo. No serán, sobre as 19.00 h, será a quenda de Paula Patiño, socia fundadora de Marmeladas Meigamoura, que coa súa axuda cada persoa aprenderá, e realizará, a súa propia marmelada de cogomelos que poderá levar para a casa. Pola noite tocará degustar os sabores do recollido na saída ao campo, cunha cea temática no propio albergue.   SENDEIRISMO
  • O domingo Senda Nova bótase a andar pola “Via Alcaianus”. O roteiro, enmarcardo dentro do IV Outono en Marcha, discorre polos tramos da vía romana que abrangue os municipios de Carballo e de Coristanco.
  CONCERTOS E OUTROS ESPECTÁCULOS E en novembro, o mes por excelencia da música grazas á festividade de santa Cecilia, a #AxendaCostadaMorte está cargada de concertos para todos os gustos.
  • O rock tomará hoxe Cances, en Carballo, na nova edición do Festival Live in Cances. Un festival que serve e escaparate para as bandas locais. Así que a partir das 22:00 horas subirán ao escenario “Versón Imposible”, “The Cerne”, os míticos , e “Dude”.
  • O rapeiro ceense Leo KCh toca hoxe en La Coctelera a partir da media noite.
  • Fran Pérez "Narf" trae este sábado á casa da Cultura de Vimianzo un concerto co que ofrece a oportunidade para vivir as aventuras que propicia a nosa lingua nunha viaxe musical que parte da beiramar bravía do Atlántico e da voz da Rosalía máis contundente ata chegar ás cálidas praias do océano Índico, cantando as palabras de poetas com Jose Craveirinha.eret. A cita que se enmarca no programa "Novembro Musiqueiro en Vimianzo"  comeza ás 21 horas.
  • Este fin de semana hai programación doble na casa de Cultura de Cee. A primeira das citas é mañá sábado, ás 20.15 horas, co primeiro dos concertos de Santa Cecilia que correrá a cargo da Banda de Música de Lousame.
  • Mañá chega á Ponte do Porto un espectáculo de maxia. Será a partir das 22:30 horas no Cunkcafe da man do “o Mago Deimi”; un gran mago-ilusionista e humorista, este moi coñecido polas suas aparicións en Antena 3 e na TVG.
  • Xa o domingo, a Costa da Morte volve a convertise no centro da loita palestina mundial cun acto cultural por Palestina que terá lugar na casa da Cultura de Cee. A presencia de Mohamed Safa provoca que, a pesar da distancia, sexa un conflito tremendamente noso. E seguro que se volven volcar a comunidade comprometida da bisbarra con este novo acto.Un acto que se desenvolverá este domingo 15 de novembro ás 18:00h na Casa da Cultura de Cee. Un acto cultural que engloba varias partes, cun Desfile de traxes típicos, un recital de poemas palestinos e o concerto da cantante galego-palestina Najla Shami.Todo un evento para coñecer máis de preto unha cultura asolagada estes días.
FEIRAS
  • O pavillón de Cee acolle esta fin de semana VII Feira de oportunidades con roupa
  • Tamén en Baio e en Cee, este domingo pola mañá terán lugar a súa feira e mercado habitual.
Fonte  

Comentarios