venres. 08.11.2024
El tiempo

O virus #Biblionízate, seleccionado por terceiro ano nun concurso estatal

O virus #Biblionízate, seleccionado por terceiro ano nun concurso estatal
Sesion de contacontos na Biblioteca Rego da Balsa Sesión de contacontos na Biblioteca Rego da Balsa Segue demostrando a Biblioteca Rego da Balsa que é unha das mellores e máis activas bibliotecas do país. Por terceiro ano, volve estar entre as tres finalistas provinciais que pasan á final da Concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner que convoca o Ministerio de Cultura a nivel estatal para distinguir ás bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes “que leven a cabo un proxecto único que inclúa as accións da animación á lectura, a eficiencia e o labor bibliotecarios, a integracións social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías”. A biblioteca carballesa, da man do proxecto “biblionízate”, métese entre as tres seleccionadas da provincia xunto ás de Oleiros e Ortigueira. Un proxecto que puxeron en marcha este verán para contaxiar o virus da lectura e espallalo por todo o concello, moito máis alá do edificio. A decidida aposta polas novas tecnoloxías, tanto interna como externamente, é un dos sinais de identidade, de feito, da nosa biblioteca, na que tamén cobra especial protagonismo a impliación do/a usuario/a na toma de decisións, o que nos permite seguir creando comunidade arredor da literatura.

Vindeiras accións

O proxecto #biblionízate continúa durante este outono, con accións como as visitas dun total de 690 nenos e nenas de 5º e 6º cursos de Educación Infantil de todos os colexios do concello. Así mesmo, a campaña de bookcrossing quye levou libros ás praias carballesas, continúa este outono con libros viaxeiros por outros edificios.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-praias-carballesas-convirtense-en-bibliotecas-ao-aire-libre-gracias-ao-bookcrossing/ https://quepasanacosta.gal/carballo-espalla-o-virus-da-lectura/

Comentarios