![Ángel Carracedo- Foto de Ángela Espiñeira para Compostimes]()
Ángel Carracedo- Foto de Ángela Espiñeira para Compostimes
Esta noite do venres 18 de xuño, o noso científico máis internacional recibe un novo premio. A
Socieda Nacional de Genética fará entrega do Premio Nacional de Xenética 2015, na categoría de investigacións en Aplicacións Xenéticas, ao xalleiro Ángel Carracedo.
Carracedo, con 12 libros e 480 artigos publicados en revistas internacionais (mesmo nas coñecidas
Nature ou
Science) é toda unha autoridade mundial e. ademais de dirixir o laboratorio de Medicina Xenómica, ten tempo para espallar a ciencia entre os máis novos. Témolo visto cos
alumnos de Cee ou cos
do Instituto de Baio, falándolles cunha humildade digna da máxima admiración.
Carracedo será galardoado polas súas aplicacións en novas tecnoloxías para a identificación forense, baseadas na xenética molecular.
Entre outros galardóns, Carracedo recibiu o Premio Jaume I de Investigación Médica e o
Galien, coñecido como o Nobel do Medicamento, na categoría de Mellor Labor Investigadora.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte