![Presentacion do Xiria Pop Carballo 2018]()
Presentación do Xiria Pop Carballo 2018
Chega
máis forte ca nunca o Xiria Pop nesta a súa 21ª edición. Onte tiña lugar a presentación oficial no Concello, onde Xabier Graña debullou un programa ambicioso e cheo de calidade.
Unha
cita festivaleira singular, que segue sobrevivindo da man do voluntarismo dun amante da boa música, que convirte á vila bergantiñá na capital galega do garaxe cada mes setembro.
Serán dous días de concertos (venres 14 e sábado 15 de setembro na Sala Dublín) nos que soará música de León, Chicago, Coimbra, Málaga, Alicante e Carballo, por suposto.
A banda máis potente son os leoneses Cooper, na súa única actuación en Galicia. Pero tamén os estadounidenses The Safes e os portugueses The Parkinsons son bos argumentos para mercar o abono lowcost que custa 10€ para os dous días.
Ademais, de propina, a organización armou un aperitivo para a noite do sábado. Será o Casino o que acolla ás 18:00h, comezará o grupo carballés Larkhill para que toque ás 19:00h o baixista experimental Howie Reeve.
Horarios do Xiria Pop 2018
Venres 14
SALA DUBLÍN (Apertura de portas, 21.30)
Melange: 22.15
The Safes: 23.30
Cooper: 00.45
Sábado 15
CASINO
Larkhill: 18.00
Howie Reeve: 19.00
SALA DUBLÍN (Apertura de portas, 21.30)
Futuro Terror: 22.15
The Oddballs: 23.30
The Parkinsons: 00.45
Os prezos, de novo low cost: 10 euros por día e 15 euros o abono para os dous días.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-xiria-pop-chega-a-sua-21a-edicion-mais-forte-ca-nunca/