xoves. 08.05.2025
El tiempo

#OMirante: O Partido Popular continúa coa súa caída

#OMirante: O Partido Popular continúa coa súa caída
O Mirante en maio 2015

Seguimos en clave electoral, pero como cada mes e gracias complexas análises de Carlos Neira, de Calidonia.eu para a Asociación de Medios en Galego, ollamos o panorama electoral de cara ás Eleccións Xerais de novembro de 2015. Neste mes de maio, “O Mirante” fai unhas valoracións moi interesantes, ratificando a baixada do PP, ou asistindo ao adianto do PSOE sobre Podemos, que segue sufrindo a dura campaña mediática que os grandes grupos de comunicación levan facendo nos últimos meses.

Os socialistas sobren 1,7 puntos, practicamente o que caen, 1,6, os de Pablo Iglesias. A formación liderada por Pedro Sánchez segue a moverse entre os 20 e os 22 puntos, anque parece consolidar unha leve tendencia á alza.

O PP baixa, pero non moito, caendo 7 décimas e mantén a primeira posición. É aproximadamente a mesma magnitude que aumenta Ciudadanos, 6 décimas, o que supón a ralentización do elevado ritmo de crecemento que rexistrou os meses pasados.

Así, a única combinación a dúas bandas que outorga a maioría absoluta no Congreso segue a ser a Gran Coalición PP+PSOE.

Esquerda Unida semella aproveitar o respiro que supón deter os transvasamentos de votantes cara a podemos e recupera catro décimas, case un 10% máis no seu voto estimado. Segue instalado, porén, por baixo do 5%, un nivel perigoso para a súa representación na maioría dos Parlamentos.

UPyD continúa a perder efectivos, como está a punto de perder o escano de Rosa Díez por Madrid.

O BNG en Galicia, recupera unha décima e parece asegurar cando menos un dos dous escanos que supoñen o seu teito de expectativas no Congreso. Malia a todo segue a moverse no fío da navalla e ningún deles está garantido.

En Catalunya CiU logra abrir distancia con Esquerra, anque a suma de ambos segue con tendencia descendente, confirmando a conxelación progresiva do proceso soberanista a 4 meses das eleccións autonómicas e plebiscitarias catalanas.

En Euskadi as dúas forzas nacionalista recúan, sobre todo o PNV, o que fai desaparecer case por completo a distancia que existía entre ambas.

En Canarias unha hipotética coalición entre Coalición Canaria e Nueva Canarias nas eleccións xerais perde fol. A ruptura de CC parece ter diminuído non só as súas propias posibilidades electorales senón a da suma das forzas illáns.

Na Comunidade Valenciana o voto a Compromís mantense igual que en abril.

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios