Os actos do contra a violencia machista marcan a #AxendaCostadaMorte

07:15 24/11/17

Actos contra a violencia de xénero
- Carballo. Hoxe ás 12 terá lugar na Praza do Concello unha concentración na que se lerá a Declaración Institucional aprobada polo pleno da corporación. Mañá realizarase un apagado simbólico do alumeado tamén na Praza do Concello.
- Camariñas. Alumnado e profesorado participan hoxe nunha concentración que terá lugar ás 11 horas de hoxe na porta do concello.
- Cee. Hoxe, ás 12 horas no salón de actos do concello, haberá unha concetración e a lectura do manifesto contra a violencia de xenero.
- Corcubión. Hoxe ás 12:30 horas unha concentración e a lectura do manifesto diante da Casa do Concello. E xa pola tarde, ás 16 horas, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria da vila participarán no obradoiro de coeducación Anduriñas.
- Fisterra. O concello e os 20 negocios implicados na campaña, concentranse hoxe ás 11:30 horas no pavillón municipal.
- Muros. Hoxe ás 12:30 horas, terá lugar na praza do concello unha concentración e a lectura do Manifesto contra as violencias machistas e os integrantes de Adibismur leran a poesía “Pingas de pena”. Xa mañá, o centro cultural e xuvenil de Muros acolle – ás 21:30 horas, a obra “Helena: xuizo a unha lurpia” da man de Teatro do Atlántico.
- Malpica. O centro cívico acolle a exposición fotográfica "Por elas, por nós".
- Muros. O teatro do Atlántico trae mañá ao centro cultural de Muros a súa obra "Helena, xuízo a unha lurpia". A cita comeza ás 21:30 horas.
- Muxía. Os salón de actos de Muxía acolle mañá, ás 18:30 horas, o espectáculo "Maxia pola igualdade" da man de Fani Triana.
- Santa Comba: Esta noite, ás 22 horas, proxéctase no salón de actos do multiusos a película "No estás sola, Sara". E mañá haberá unha obra de teatro, á mesma hora e no mesmo sitio, que leva por título "Desalmad@s".
- Vimianzo. Mañá a Biblioteca Municipal acolle un obradoiro de Contos para a igualdade para as crianzas.
- Zas: As 12:30 concentración e lectura do manifesto diante da Casa do Concello. Estes días tamén se celebra un obradoiro de Autodefensa Persoal para Mulleres no pavillón municipal de Baio.
Teatro
- Teatro en Malpica. Dentro da XIII mostra de Teatro de Malpica esta noite é o turno da obra "Foucellas" de Talía Teatro. A función comeza ás 20:30 horas.
- Teatro en Ponteceso. Mañá sábado chega ao seu fin a XXIV edición do ciclo de Teatro de Ponteceso coa obra "O caso é ter saúde" de Malasombra. A cita comeza ás 22:30 horas.
- Teatro en Fisterra. O mesón A Cantina de Fisterra acolle mañá, as 23 horas, un espectáculo de improvisación teatral a cargo da compañía "8mm teatro".
Exposicións
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
- A Casa da Cultura de Vimianzo acolle dende hoxe a exposición “Teatro do Atlántico 30 anos actuando” na que se fai un percorrido pola traxectoria dunha das compañías máis lonxevas da comunidade. O acto de inauguración, ao que asistirá a actriz Luma Gómez e a responsable de Chiripa Produccións Eva Alonso, terá lugar hoxe ás 12 horas.
- Exposición casa da Cultura de Cee. A casa da cultura de Cee acolle até o 30 de novembro FEMME; unha exposición de fotografía sobre a muller de Senén Insua.
Sendeirismo
- Outono en Marcha. Senda Nova organiza para este domingo unha nova saída. Nesta ocasión seguirán "As pegadas do Wolframio" en Carballo e Malpica.
Outras citas
- Beber do país en Carballo. Hoxe ponse en marcha no 2º andar do Mercado Municipal de Carballo a campaña "Beber do país" co fin de dar a coñecer os viños galegos. A actividade desenvolverase ata o domingo. Instalarase un túnel do viño que permitirá que o público asistentepoida ir catando as distintas variedades e elaboracións de cada unha das adegas participantes e tamén haberá mesas redondas. Os interesados en participar pode solicitar as súas entradas no Museo de Bergantiños.
- Black Friday en Camariñas: 39 comercios participan na campaña de descontos “Black Friday”. Os establecementos participantes pendurarán das súas portas globos negros e amarelos e relizan descontos de até o 30% en moitos dos seus artigos.
- Obradoiro de regueifa no Couto. Chega ao seu fin o obradoiro de regueifa impartido por Lupe Blanco durante os sábados do mes de novembro. A cita é a partir das 16 horas na casa dos veciños.
- Conferencia sobre micoloxía en Laxe. Mañá ás 19 horas, Jaime B. Blanco Dios - divulgador científico especializado en cogumelos - visita o Museo do Mar para impartir unha conferencia que leva por título “Novas especies de fungos para ciencia atopados en Galicia”.
- Foliada en Vimianzo. O domingo, a casa da Cultura acolle a Foliada do Río Grande na que participarán varias asociacióins da zona.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)